Imprimir

Nova agresión do goberno de Javier Bas ao noso idioma.

bngredondela | 06 de Agosto de 2017

Cantiga de amigo
Cantiga de amigo

Tristemente Redondela, volve a ser protagonista dunha nova agresión por parte do goberno municipal ao noso idioma. Nesta ocasión durante a celebración civil dun enlace matrimonial no Concello. Ao longo do acto, o concelleiro do equipo de goberno que presidía o acto, en delegación de alcaldía, atreveuse a traducir ao castelán, nin máis nin menos que... A Cantiga de Amigo do trobador medieval Mendiño.

Semella que tal atrevemento poida ser froito da casualidade, mais dende o Bloque Nacionalista Galego, afirmamos que o maltrato paulatino que o goberno de Javier Bas, está a someter ao galego, constitúe toda unha estratexia.

Dende que o Partido Popular, da man de Feijóo, aupado por extremistas como Galicia Bilingüe, paseniñamente consolidouse o oficialismo antigalego, que tivo o no “decreto do plurilingüísimo” a súa maior expresión. Javier Bas e os seus, continúa nesta liña antigalega, dando pequenos pasos na degradación do noso idioma.

Este exemplo, que supoñemos non será o derradeiro, de maltrato ao galego, traducindo ao español unha peza tan singular, que pon en valor a nosa tradición cultural, cargando de universalidade o noso entorno natural, convirte ao goberno municipal de Redondela, nun activo españolizador da nosa cultura.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/unknown/nova-agresion-do-goberno-javier-bas-ao-noso-idioma/20170806100918002378.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego de Redondela

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal