Segundo o BNG, o goberno de Javier Bas “chantaxea” cos Servizos Sociais

IMG_20181221_092010
Imaxen actual do novo local para Serizos Sociais

O voceiro municipal, Xoán Carlos González, afirma que “se priorizan proxectos con máis rédito electoral”. Dende hai un ano que o Concello dispón dun local de 300 m2, cun anteproxecto, e un orzamento de arredor de 200.000€, do que ninguén sabe.

Segundo o BNG, o goberno de Javier Bas “chantaxea” cos Servizos Sociais

O enorme atraso no traslado de dúas unidades de Servizos Sociais, xunto ao Centro de Información ás Mulleres aos baixos da nova urbanización de Regojo, “constitúe un claro exemplo do desprezo máis absoluto que o goberno municipal de Redondela, amosa con estes departamentos”, aseguran dende a organización nacionalista. Malia que se trata de servizos de primeira entidade, que deben prestarse nas mellores condicións para os numerosos usuari@s, carece de Proxecto definitivo.

Segundo expuxo o edil do BNG, “no 2005, negociouse coa construtora levar o departamento para esta urbanización por medio dun convenio de cesión. Dende hai un ano o goberno de Javier Bas, dispón dun local de 300 m2, manexa un anteproxecto elaborado por técnicos municipais, ademais de orzamento, para poder realizar a obra”.

Recorda o edil nacionalista, como xa no debate dos orzamentos do 2016, “o goberno de Javier Bas, pretendía trasladar en precario o departamento ao Multiúsos de Redondela. Agora, que xa hai máis dun ano que dispoñen deste local, froito dunha compensación urbanística, despreocúpanse da obra”.

Xoán Carlos González, acusa ao goberno municipal de chantaxear á oposición co traslado das oficinas de Servizos Sociais e o CIM, para conseguir o voto a favor ou a abstención nas negociacións dos orzamentos. “Consideramos indigno instrumentalizar un departamento prioritario no organigrama do Concello, para sacar tallada política”, afirma. Descoñece o silencio agora daqueles que permitiron que os orzamentos saíran adiante.

Para Xoán Carlos González “mentres o departamento de Servizos Socias e o Centro de Información á Muller, atópanse desbordados, nunhas condicións moi complicadas no seu local na rúa Isidoro Queimaliños, Javier Bas prioriza obras e actuacións ás que lle saca maior rédito electoral”. Considera que o malgasto instalouse no equipo de goberno, que mentres inviste centos de miles de euros en obras de impacto mediático, non emprega 200.000€ para realizar esta obra.

“Mentres o goberno municipal de Redondela mantén en precario o departamento, dende o BNG, traballaremos para situar Servizos Sociais e o CIM, nun dos piares nos que se asenta unha verdadeira acción de goberno de carácter social, que os entenda como un dereito e non como beneficencia”, remata na súa nota Xoán Carlos González

Segundo o BNG, o goberno de Javier Bas “chantaxea” cos Servizos Sociais