X. Carlos González: 'as declaracións da concelleira de Servizos Sociais dannos a razón'

X. Carlos González: 'as declaracións da concelleira de Servizos Sociais dannos a razón'

O concelleiro do BNG recorda, que o seu grupo leva anos demandando unha “campaña informativa do Concello sobre a ordeanza de emerxencia social. Deste xeito, todos aqueles veciños e veciñas de Redondela, que están a sufrir a crise económica, susceptíbeis de seren beneficiarios destas axudas municipais, poderían coñecer os seus dereitos. Ante a negativa do goberno de Javier Bas de levala a cabo, dende o BNG tomaron dita iniciativa”.

Salienta que na súa propia nota a concelleira de servizos sociais, Mari Carmen Amoedo, recoñece que nunca se gastaron máis da metade dos 60.000€ orzamentados. Xoán Carlos González responsabiliza direitamente ao alcalde, Javier Bas desta situación, afirmando que “malia que cambiou á concelleira de servizos sociais, os resultados seguen a ser os mesmos”.

Continúa na súa nota afirmando que “para o único que lle serve ao goberno municipal do Partido Popular esta ordeanza, é para presentar unhas contas a fin de ano equilibradas, polo que se constata que o gasto social, nunca foi unha das súas prioridades. Todo o contrario do que o BNG defende: a inversión en políticas sociais dende a administración pública, para paliar en parte unha crise imposta ao conxunto da sociedade”.

Pola súa banda, recórdalle á concelleira de Servizos Sociais, Mari Carmen Amoedo, que a única persoa que buscou titulares de prensa foi ela mesma a inicios do presente mandato. Reuníuse coa empresa que xestionará o Centro de Día de Cesantes, a sabendas que a responsabilidade de manter esta infraestructura pechada é única e exclusivamente do Partido Popular, quen gobernando na Xunta segue a ningunear ao goberno municipal e por extensión a toda Redondela”.

X. Carlos González: 'as declaracións da concelleira de Servizos Sociais dannos a razón'