“A xestión do cursos de fitosanitarios, exemplo do desinterese do goberno de Javier Bas"

“A xestión do cursos de fitosanitarios, exemplo do desinterese do goberno de Javier Bas"

Segundo o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, a “o desinterese, improvisación e mesmo querer desvincularse do tema, caracterizaron a xestión destes cursos”.

A obrigatoriedade de posuír un carnet de manipulador de productos fitosanitarios, está sendo motivo de preocupación nos últimos meses para moitos veciños de Redondela. Moitos veciños e veciñas, atópanse que non poden adquirilos por non posuír ditos permisos. Ante a falla de información tanto por parte da Xunta como do propio goberno municipal, moitos afectados tiveron que solucionar pola súa conta esta situación..

“Cónstanos que xa en marzo un grupo de veciños solicitaron ao goberno municipal que ante a obrigatoriedade dos permisos, xestionara a celebración de cursos como sucedía en concellos veciños. A resposta, que non era un tema que lle afectaba direitamente á xestión do goberno de Redondela. Deste xeito, moitos demandantes dos títulos, tiveron que desprazarse ata a provincia de León para realizar os cursos cun gasto de 130€”.

Varios meses despois, foi a traverso de varios centros culturais que se realizaron diferentes cursos de manipulador de productos fitosanitarios. Estes cursos, supuxeron igualmente un desenvolso da arredor de 50 euros por alumno ou alumna. “Outravolta a iniciativa social, por diante do goberno de Javier Bas”.

“Finalmente, nestos días publican o Concello publica a celebración de novos cursos nos que únicamente haberá que pagar unhas taxas de 10 euros por persoa”, afirma Xoán Carlos González.

“O desinterese, a improvisación, a falla de planificación, caracterizan a xestión do cursos para a obtención de manipulador de productos fitosanitarios en Redondela. Estase convertendo xa en marca do goberno de Javier Bas, actuar deste xeito. Namentras, os intereses dos veciños e veciñas de Redondela, volven a ser ninguneados”, remata na súa nota o concelleiro nacionalista.

“A xestión do cursos de fitosanitarios, exemplo do desinterese do goberno de Javier Bas"