Imprimir

Xoán Carlos González califica de “irresponsábel” ao goberno de Javier Bas, ante a seca.

bngredondela | 30 de novembro de 2017

X. Carlos González portavoz do BNG de Redondela.
X. Carlos González portavoz do BNG de Redondela.

“Dende antes do verán, xa había comunidades que estaban atravesando problemas de abastecemento. O goberno municipal, no canto de planificar iniciativas, mesmo chegou a criticar aos comuneir@s, e ás xuntas directivas”

O edil nacionalista considera que estase a actuar improvisadamente, ante unha necesidade tan perentoria como o subministro de auga á metade da poboación de Redondela.

Xa no mes de agosto, dende o BNG, demandouse a posta en marcha dun Plan de Choque para paliar a seca que se estaba a padecer. “Novamente o goberno de Javier Bas, actuou con sectarismo, ao desdeñar a nosa proposta, na que se solicitaba xuntanzas coas Comunidade de Augas, para atender as necesidades máis urxentes”, afirma. Continuaron a regarse espazos públicos, baldear rúas, namentres a xente en varias parroquias carecía de auga varios días á semana, mesmo tiña que facer uso da colaboración veciñal, para satisfacer demandas básicas.

“Outra volta o goberno de Redondela, actuou de xeito irresponsábel, segundo Xoán Carlos González, deixando pasar o tempo, a ver se as choivas solventaban esta situación. As negativas previsións sobre a situación meteorolóxica, xunto á lenta recuperación de mananciais, suporá que a problemática manterase nos vindeiros meses, pero non se lles deu relevanza a estes problemas”.

O concelleiro nacionalista considera que o goberno de Javier Bas debe poñerse a traballar de verdade ante unha problemática que afecta ao 50% da poboación e que pode estenderse aos núcleos urbanos. Insta a Javier Bas, a deixarse de facer publicidade en cuestións intranscendentes, e velar realmente polos intereses dos seus veciños e veciñas.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/xoan-carlos-gonzalez-califica-irresponsabel-ao-goberno-javier-bas-seca/20171130183111002403.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego de Redondela

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal