Imprimir

Xoán Carlos González, pide explicacións pola falla de alumeado público nos arredores do Val do Maceiras.

bngredondela | 15 de Abril de 2018

O concelleiro do BNG, considera “que se está ocultando información sobre o que está a suceder, poñendo en risco a seguridade viaria de peóns”.

Numerosos e continuados cortes no subministro no alumeado público, en diversas estradas do concello, durante os últimos meses, están levando a preocupación entre a veciñanza. A situación xa se repite de xeito recorrente nas últimas semanas no Camiño dos Frades, e no Camiño Romano, nas parroquias de Quintela e Saxamonde. “Durante o fin de semana do 7 e 8 de abril, sumado ao festivo local, parte desta zoa quedou sen alumeado público, o que para o BNG constitúe un feito de extrema gravidade”, afirma o edil nacionalista.

Este episodio, enlaza cos vividos durante a Semana Santa, e mesmo en semanas anteriores, onde a mesma zoa, ou parte da estrada N-555, no seu primeiro quilómetro e medio, careceu de alumeando. “Trátase de viais moi transitados, onde a carenza de alumeado público pón en serio risco a seguridade tanto de peóns, como dos propios condutores”.

“Trátase dunha situación que se está a producir, en maior ou menor intensidade nos últimos anos en diversas estradas do Concello. En diferentes ocasións temos solicitado información sobre os motivos destas avarías, e o concello máis campión en transparencia, non nola facilita”. Deste xeito, valora o concelleiro do BNG a situación. “Estase a xogar coa seguridade viaria de moitos veciños e veciñas”.

Considera Xoán Carlos González, que por tratarse dunha problemática que afecta ás parroquias, para o goberno municipal, non se trata dun problema prioritario, polo que seguen a actuar irresponsabelmente, remata na súa nota.

 

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/xoan-carlos-gonzalez-pide-explicacions-pola-falla-alumeado-publico-nos-arredores-do-val-do-maceiras/20180415100720002441.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego de Redondela

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal