ap9
Moción do BNG para o traspaso do CEIP Igrexa.

Moción do BNG para o traspaso do CEIP Igrexa.

"O Bloque Nacionalista Galego, recolle a demanda de numerosos coleitivos da parroquia de Chapela, de espazos para realización das súas actividades. Ante esta necesidade, a organización nacionalista aposta polo traspaso do Colexio Igrexa, unha vez que a actividade docente se realice íntegramente no novo colexio que se vai construír na finca de Ginaria.

Con esta finalidade propoñemos, mediante moción, que o alcalde de Redondela, leve a cabo as xestións pertinentes, ante AUDASA, e o Ministerio de Fomento, para que os edificios educativos, vivendas escolares, pasen a mans do Concello".

Ler nova
O BNG, pretende que se celebre un Pleno Extraordinario pola problemática de Cabanas.

O BNG, pretende que se celebre un Pleno Extraordinario pola problemática de Cabanas.

A intención da organización nacionalista, busca que o Pleno da Corporación apoie aos veciñ@s afectados pola ampliación da Autoestrada en Cabanas, para que lle expropien a aqueles que  o demanden. Tamén se pretende forzar á construtora para que instale pantallas acústicas, mitigando os ruídos sobre as vivendas do barrio.

Na mañá do venres 14, o concelleiro do BNG, Xoán Carlos González, entregaba por rexistro a solicitude de celebración dun Pleno Extraordinario da Corporación. O obxectivo principal, é o debate e o manexo por parte dos e das representantes municipais de toda a información sobre a nova problemática creada coas obras en Rande. “Empregar maquinaria pesada, con guindastres que pasan sobre as cabeza dos veciños e veciñas, cunha obra que vai marcar de vez o seu futuro, e por mor do evidente impacto que para a zoa vai ter, pedimos a convocatoria deste Pleno”.

Segundo considera o concelleiro nacionalista, “os directamente afectad@s teñen dereito a que Redondela lles apoie e respalde. Teñen dereito a que se expropien unhas vivendas que van quedar practicamente debaixo da Ponte. Nós, os e as representantes políticos estamos para isto”.

A situación de varias familias da zoa de Cabanas, pode converterse nas de maior impacto da “innecesaria” ampliación. Critican dende o BNG, que, ata o momento, ningunha forza teña levado ao Congreso, iniciativa algunha para presionara a AUDASA. “É máis, namentres estase estudando o rescate da concesión das autoestradas en Madrid, a que verdadeiramente debería ser xestionada polo goberno galego, non hai quen o defenda”, aclara o concelleiro nacionalista.

“Agora a pelota está sobre o tellado da alcaldía, quen pode convocar este Pleno Extraordinario. Agardamos que Javier Bas, cumpra o seu cometido, e nos permita debater e apoiar aos veciños e veciñas”, remata na súa nota o concelleiro nacionalista.

Ler nova