sanidade
Novas
89552733_2688514434531502_6460112893198204928_o

COMUNICADO SOBRE A CRISE DO CORONAVIRUS

Dende o Bloque Nacionalista Galego de Redondela, ante a grave crise sanitaria por mor do COVID-19, “Coronavirus”, Comunicamos:

1. Apelamos á responsabilidade dos veciños e veciñas de Redondela, para poder superar o antes posíbel esta difícil situación sanitaria que estamos a atravesar.

2. Desexar a pronta recuperación daqueles veciños ou veciñas que se poidan ver afectados.

3. Poñernos a disposición das autoridades, principalmente municipais para afrontar esta loita colectiva.

4. Recordar que somentes as directrices baseadas en criterios sanitarios e científicos substentan calquera tipo de decisións.

5. En aras a evitar confusións e uso partidista da información, remitir á cidadanía á páxina do Concello de Redondela, ou do único medio de comunicación que consideramos “oficial” a nível local: Radio Redondela.

6. Especial mención para as familias que estas semanas terán que reorganizar a súa vida especialmente aquelas que teñen menores ao seu cargo.

7. Chamamos á responsabilidade das diversas empresas, para que acompañen as medidas de carácter público, restrinxindo a súa actividade ao máximo. Poderán contar con BNG, para apoiar medidas económicas que resarzan as súas perdas.

8. Recoñecer o traballo, esforzo e implicación dos traballadores da Saúde Pública. Seguiremos, despois desta crise como fixemos antes, defendendo unha Sanidade pública e universal.

9. Recoñecer o traballo dos empregados públicos, especialmente o persoal municipal, para o que pedimos a colaboración e comprensión cidadá, co fin de facilitarlle o seu importante labor.

10. Recoñecer o traballo de todos os operarios e operarias, como repartidores e repartidoras, caixeiros e caixeiras de supermercados, transportistas, persoal farmacéutico,… que seguen desenvolvendo o seu labor nestes días. Apelamos á comprensión e colaboración cidadá para facilitarlle o seu labor. Despois desta crise, seguiremos apoiando as súas xustas reivindicacións laborais.

 

 

Ler novas