XOÁN CARLOS GONZÁLEZ CONSIDERA “INACEPTÁBEL QUE A BIBLIOTECA DE CHAPELA CAREZA DE PERSOAL DURANTE CATRO MESES”.

A biblioteca de Chapela sen persoal durante 4 meses

IMG-20190329-WA0010

“Dende hai dous meses, en que a titular solicitou permiso de maternidade, non foi substituída por ninguén. A situación prolongarase outros dous meses como mínimo”, desvela o voceiro do BNG.

A biblioteca de Chapela sen persoal durante 4 meses

A recentemente nomeada Biblioteca “Xela Arias”, carece de persoal que a atenda dende o mes de xaneiro, con motivo do inicio da baixa por maternidade e permiso subseguinte da súa titular. “Dende entón os usuarios e usuarias deste servizo municipal, carecen de persoal especializado ”, afirma o voceiro do BNG, Xoán Carlos González.

Considera que se dá un novo caso de falla dunha titular dun servizo municipal, e o goberno municipal elude ás súas responsabilidades, en clara alusión á baixa da psicóloga do CIM que tardou 8 meses en seren substituída. “Agora tócalle á titular da biblioteca de Chapela, que se vai manter como mínimo, outros dous meses con este permiso”, afirma. Unha situación que o edil segue con preocupación, posto que ninguén está a facer un seguimento do empréstamo, devolución dos libros, control da sa de lectura, dinamización. “Unha deixación de funcións en toda regra do goberno de Javier Bas, posto que se sabía da antemán do nacemento, e da necesidade de substitución, mais preferiron mirar para outro lado”, considera.

“Varios veciños e veciñas se teñen dirixido a nós, para denunciar esta situación insostíbel, e indigna. Presentamos un escrito para que se nos respostara sobre cal era o motivo de  falla de substitución, e como era de esperar dende o goberno municipal, mutismo total”, manifesta o edil nacionalista. Segundo Xoán Carlos González demóstrase novamente que para Javier Bas a cultura en xeral e a literatura en particular, utilízaas unicamente como publicidade electoral. Considera que o novo goberno saído das próximas eleccións municipais, “debe apostar polo fomento da cultura de base en todos os seus eidos, coa literatura en todas as súas dimensións como especial protagonista”.

A biblioteca de Chapela sen persoal durante 4 meses