O BNG, demanda da Xunta medidas en defenda das mariscadoras.

Cesantes
O sector está vivindo unha situación de precariedade económica, ao verse obrigados a manter a actividade.
O BNG, demanda da Xunta medidas en defenda das mariscadoras.

O novo decreto do goberno central, ao que se suma a inacción do galego, deixan tiradas ás mariscadoras”, afirman dende a fronte nacionalista.

O BNG de Redondela, súmase ás advertencias das confrarías da Enseada San Simón, como as de Cesantes e Arcade, sobre a grave crise económica que está a sufrir o sector marisqueiro. “Obrigan a que as  mariscadoras e mariscadores manteñan a súa actividade, cando non teñen a quen vender, posto que o seu principal cliente, a restauración, pechou”, sinala o responsábel local de Redondela, Anxo Lusquiños.

Moitas destas traballadoras deixaron de acudir aos areais, posto que non lles é rendíbel economicamente, e outras por responsabilidade posto que teñen medo de contaxiarse e contaxiar aos seus. “O sector atópase abandonado polas administracións”, denuncia Anxo Lusquiños. “Dun lado, o goberno de Sánchez, manteno como un sector prioritario. Pola súa banda o goberno de Feijóo, evita calquera formulación xurídica que permita o peche da actividade”.

Consideran dende o BNG que só en Redondela estas medidas afectan a 200 traballadoras e traballadores, ás que habería que sumar outras 150 en Arcade e 100 en Vilaboa. En toda a Ría, poderíase chegar ata 700 afectadas e afectados”,

Demandan dende o Bloque Nacionalista Galego, que a Consellaría do Mar, poña todos os recursos necesarios para que o colectivo de mariscadoras e mariscadores, dispoñan de axudas de carácter extraordinario, decretando o peche da actividade marisqueira.

O BNG, demanda da Xunta medidas en defenda das mariscadoras.