O BNG pide unha adaptación dos horarios das obras de ADIF en Chapela

IMG-20260526-WA0022
Estado actual das obras de ADIF en Chapela
Dende a organización nacionalista plantexan que as obras da nova estación ferroviaria na parroquia de Chapela sexan compatíbeis co movemento de trens tanto de transporte de viaxeiros e viaxeiras como de mercadorías.
O BNG pide unha adaptación dos horarios das obras de ADIF en Chapela
Emprazan a negociar para que as obras se poidan realizar en xornada diurna co fin de evitar molestias á veciñanza. Nese sentido pretenden dende o BNG que se estableza un horario de movemento de viaxeiros que no seu caso poida ser substituido por un servizo alternativo como o autobús. Defenden dende a organización nacionalista a compatibilidade da construción da estación de tren de Chapela co dereito ao descanso dos veciños e veciñas.
 
Pola súa banda o vocero nacionalista Xoán Carlos González Campo afirma que "se hai vontade de buscar unha solución que beneficie á veciñanza e que permita o remate das obras, pódese chegar a unha solución beneficiosa".
 
Considera o edil que ata agora non houbo interese en permitir a conciliación do descanso daquelas veciñas e veciños que viven a caron das vías do tren. Entende que deberíase establecer un plan de mobilidade alternativo que permita que as obras se realicen compatible co tráfico ferroviario
O BNG pide unha adaptación dos horarios das obras de ADIF en Chapela