O BNG de Redondela, exixe ao goberno manter os 180.000 euros dos orzamentos participativos do ano 2020

DSC_0015
Xoán Carlos González

“Nun escrito dirixido á alcaldesa, demandamos que se mantivera intacta esta partida non gastada no 2020 co fin de reinvestilo nas parroquias”, afirma o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González.

O BNG de Redondela, exixe ao goberno manter os 180.000 euros dos orzamentos participativos do ano 2020

Consideran dende o BNG que, o 1% dos orzamentos municipais do ano 2020, non se investiu nas diferentes parroquias, e que debe  respectarse este compromiso. “Trátase dunha débeda coas parroquias e polo tanto, reterse a partida para o ano 2021”, afirma o voceiro nacionalista.

 

O motivo de que non se gastaran os 180.000€, nace dun acordo entre AER e PP, para sacar adiante os orzamentos do ano 2018. Os primeiros abstivéronse na votación para que os segundos aprobaran unhas contas que Xoán Carlos González cualifica de “nefastas para os e as redondelás. Froito de acordos opacos entre organizacións políticas bloqueáronse durante ano e medio uns fondos que se deben reinvestir nas parroquias”, afirma o concelleiro do BNG.

 

Segundo a información que manexan dende o BNG, “o concello empregou 41.000 euros destes orzamentos sin que se consultara con ningún consello parroquial, verdadeiros protagonistas dos orzamentos participativos”, denuncia Xoán Carlos González. Esiximos que se rendan contas desta acción, e que se conxele a partida.

 

“Vamos seguir moi vixiantes cos orzamentos participativos, pois pretendemos que esta partida na súa integridade, ou as correspondentes a outros anos, se invistan nas parroquias do concello de Redondela. Dende o BNG, comprometémonos a que os novos orzamentos municipais, se debatan igualmente nos Consellos Parroquiais, para que o movemento asociativo, poida reflectir a súa opinión”, remata na súa nota Xoán Carlos González

O BNG de Redondela, exixe ao goberno manter os 180.000 euros dos orzamentos participativos do ano 2020