O BNG retoma a problemática da Casa de Apostas de Redondela.

2021041518154443568
Alexandra Fernández

A deputada Alexandra Fernández, presenta diversas iniciativas no Parlamento Galego.

A situación da Casa de Apostas de Redondela, volve a centrar o interese da organización nacionalista. En concreto, a deputada Alexandra Fernández, plantexou diversas iniciativas en sé parlamentaria para que se chegue ao fondo do asunto.

O BNG retoma a problemática da Casa de Apostas de Redondela.

Centra Fernández estas propostas, na acta de medición da distancia entre o local de apostas e o acceso ao Conservatorio de Música Víctor Ureña. “Non atopamos en todo o expediente, ningún documento asinado por técnicos ou técnicas, que acredite que se realizou in situ”, sinala.

Segundo o Regulamento de máquinas recreativas e de azar, a distancia mínima entre un Salón de Xogo, e o acceso aos centros educativos, debe superar os 150m. “Esta foi un dos puntos máis escuros, na concesión da autorización por parte da Xunta e da licenza municipal”, recorda a deputada do BNG. “No Proxecto sempre se fixo alusión a que se cumpría. Cando demandamos que se nos facilitara dita acta, dende a Xunta argumentaron  cunha reinterpretación, afirmando que a medición debe ter en conta os pasos de peóns cuestión á que en ningún momento fai referenza o Regulamento”, apunta Alexandra Fernández.

A Casa de Apostas, ubícase nun emprazamento estratéxico, a escasos metros dos centros de ensino, deportivos da Marisma de Redondela. Significa que un dos seus principais obxectivos, constitúeo a mocidade redondelá. “Existe unha enorme preocupación das familias, polas problemáticas aditivas e económicas, que as Casas de Apostas e Salón de Xogos, levan aparelladas”, considera Fernández.

Nas últimas semanas a deputada nacionalista mantivo un encontro con membros Plataforma en contra da Casa de Apostas. Insistiu no “carácter fraudulento desta acta, que nunca nos entregaron”. “De aí a necesidade de presentar varias preguntas e proposicións non de lei para aclarar os feitos”, engadiu.

A apertura hai un ano do local de Casa de Apostas en Redondela, veu precedida dunha importante mobilización social. Constituíuse unha Plataforma respaldada por máis de cincuenta colectivos, que realizou numerosos actos en contra da concesión de licenza, como a manifestación realizada en febreiro do 2020. Chegaron a presentarse máis de dúas mil alegacións no concello, administración que concede a licencia de actividade.

Pola parte do Bloque Nacionalista Galego, insistiremos en que tanto as autorizacións da Xunta, como as licenzas concedidas polo Concello, baséanse nunha “presunta medición irregular polo que imos seguir traballando nesta cuestión”, remata na súa nota Alexandra Fernández.

 

O BNG retoma a problemática da Casa de Apostas de Redondela.