O goberno de Digna Rivas rexeita a proposta do BNG de mellorar a ordenanza de asistencia a espectáculos
Xoán Carlos González Campo, "instamos a que deixaran o texto sobre a mesa para introducir melloras e dixeron que non".
09 xuño 2026 - 08:59
O goberno municipal levou ao pleno de maio a proposta de ordenanza de prezo público para os espectáculos multiúsos de Redondela e Chapela. Trátase dunha nova proposta para regular o prezo público por asistencia a espectáculos de teatro, danza... nos multiusos de Redondela e Chapela. Como xa vén sendo habitual o bipartito lanza propostas sen asegurar apoios previos.
Pola súa parte o voceiro do BNG, Xoán Carlos González Campo, botoulle en cara ao bipartito que careceran dun plan normativo no que se recolla qué é exactamente o que quere facer este gobierno municipal.
O edil nacionalista dirixíuse ao equipo de goberno para que retirara o texto e poder negocialo. “Esta ordeanza carece de bonificacións para determinados colectivos como personas en situación de desemprego, estudantes, nenos e nenas ou persoas maiores.
Outra das eibas da ordeanza que considera importante o edil nacionalista
céntranse en que “hai todavía moitas persoas que teñen dificultades para adquirir entradas por vía telemática, por este motivo, indicamos a necesidade de reservar unha porcentaxe para seren adquiridas en billeteira.
Malia a proposta de retirar o punto da orde do día, Digna Rivas e o seu goberno rexeitaron a posibilidade, para victimizarse de que non se lles deixa traballar.
“Consideramos que o goberno municipal está instalado na política de ollos pechados e oídos tapados sin querer valorar as propostas que presentamos dende o Bloque Nacionalista Galego” remata na súa nota Xoán Carlos González Campo