"A veciñanza márcalle o paso ao Concello no Expediente de Aucosa"

BNG Redondela
BNG Redondela

Dende a organización nacionalista consideran que a xuntanza mantida por diversos membros do goberno municipal de Redondela con veciños e veciñas que viven a carón de AUCOSA, en Cabanas, obedece á presión veciñal exercida dende hai varios meses.

"A veciñanza márcalle o paso ao Concello no Expediente de Aucosa"

Hai pouco máis dun ano, o daquela alcalde de Redondela e hoxe congresista Javier Bas convocou aos veciños e veciñas nunha Asemblea, para  “ilustralos” sobre as magnificencias da ampliación da factoría de produción de fariñas a partires dos restos de peixes. Estes días asistimos a unha situación similar, na que o goberno de Digna Rivas, convoca para informar dos pasos “legalmente dados”.

En outubro do 2019, durante varias semanas, veciños e veciñas denunciaron as obras que ilegalmente estaba executando a empresa. Varias xuntanzas co goberno municipal, coas forzas políticas, marcaron o calendario deste grupo de afectados e afectadas.

O primeiro éxito deste colectivo: a paralización da obra, e unha multa coercitiva de 5.000€. Mais tiveron que seguir presionando para chegar a denunciar vía xulgado tanto ao Concello, como ao servizo provincial de Costas e á propia empresa.

Segundo o difundido, agora o Concello vai contratar un servizo de asesoramento xurídico especializado. Dende o BNG descoñecen os motivos polos cales a actual asistencia letrada en procedementos xudiciais que traballa para o Concello e do que recibe preto de 3.000€ mensuais, non pode facer fronte a esta problemática.

Recordan dende o BNG, como Grupo Municipal presentou en novembro do 2019, Alegación ante a Autoridade Portuaria, para que non se lle dera permiso á empresa para a construción dunha nova nave. Pregúntanse por que ningunha outra forza política ou o propio goberno municipal, presentou as súas. “Quedou claro quen se compromete de verdade pola reubicación de AUCOSA”.

Sinalan dende a organización nacionalista que eles mesmos encargáronse de informar aos veciños e veciñas , sobre a resposta afirmativa da Xunta de Galiza de Autorización Ambiental Integrada, “malia que dende o Concello xa o sabían dende marzo”.

Salientan dende o BNG da necesidade “dun cambio de goberno na Xunta para modificar a lexislación, co fin de protexer as nosas costas e beiramar das rías, especialmente no Concello de Redondela, practicamente toda incluída en Rede Natura 2000”.

"A veciñanza márcalle o paso ao Concello no Expediente de Aucosa"