A xente moza demostra madurez na crise do Covid

FB_IMG_1629699492550
Unha mocidade valente e activa
A xente moza demostra madurez na crise do Covid
Os meses da pandemia, coas importantes restriccións tanto na movilidade, como para as relacións sociais, foron especialmente duros para o conxunto da sociedade. Entre un dos sectores máis vulnerábeis, o da xente moza. Nos vindeiros anos, aínda aflorarán moitos efectos psicolóxicos negativos, aos que cómpre prestar atención. Hoxendía, as crises de ansiedade, a depresión, mesmo os suicidios están a cebarse nos nosos mozos e mozas.
Xa de por si a etapa da adolescencia e xuventude, constitúe un período complexo, ao cimentarse a personalidade de mulleres e homes. As relacións sociais, as interaccións entre iguais, constitúen instrumentos que permiten desenvolver esta caracaterísticas individuais.
Durante os meses de confinamento e restriccións a xente moza afrontou de xeito sobresaínte, as normas impostas para reducir os contaxios. Nos institutos, nas facultades, impúxose a obriga de cumprir directrices de actuación en aula, nos periodos de lecer e recreo. A todo isto sumar as clases on-line, en moitos casos en condicións precarias.
A medida que as restriccións se foron flexibilizando, para o conxunto da sociedade, tamén a xente moza tivo que se adaptar aos espazos de socialización. Malia este esforzo e compromiso, non foron poucos os e as que aproveitaron, para converter á xente moza en foco e epicentro, dunha campaña de demonización. Empregáronos como “chivo expiatorio” botándolles as culpas do medre descontrolado da pandemia. Totalmente inxusto.
A actuación da policia, en moitas ocasións de xeito indiscriminado, centrou parte das denuncias, na xente moza. En Redondela, vivimos varios episodios deste tipo, que non só buscaban converter aos mozos e mozas no foco de atención, senón que tamén pretendían amedrentalos ante as forzas de seguridade.
O colapso de demanda de vacinación vontaria, a menores de 20 anos, constitúe un novo exemplo, da madurez e responsabilidade co que actúa a xente moza. En poucas horas, cubríuse o cupo de 25.000 solicitudes.
Vaia o saúdo do Bloque Nacionalista Galego, para os nosos mozos e mozas que con responsabilidade están a sobrelevar os efectos da pandemia.
 
 
A xente moza demostra madurez na crise do Covid