Xoán Carlos González, responsabiliza ao alcalde de Redondela, da desaparición do Redondela en Curto.

descarga
Redondela en Curto

A nova recollida en diversos medios de comunicación sobre a desaparición do evento cinematográfico, supón para o voceiro do BNG, “unha nova mostra da obstaculización que Javier Bas e o seu grupo supoñen para a dinámica cultural de Redondela”.

Xoán Carlos González, responsabiliza ao alcalde de Redondela, da desaparición do Redondela en Curto.

A nova recollida

“Recibimos con sorpresa e preocupación este anuncio do director do Redondela en Curto, a quen lle queremos amosar o noso apoio, xunto ao resto do equipo que desenvolve o Festival decepción, ante unha decisión deste calado”, manifesta Xoán Carlos González. Considera que tal como se recolleu nos medios de comunicación “trataríase dun serio revés na dinámica cultural redondelá, que como noutros eidos, esmorece pola falla de apoio do goberno municipal”.

Valora moi negativamente, o voceiro do BNG a xestión realizada dende a administración local, centrando as críticas no papel do alcalde de Redondela, “sabedor da decisión de Fernando Carreira, xa dende decembro”. Afirma que a dinámica cultural de base, que sempre caracterizou ao noso concello, “sitúannos en lugar destacado da actividade cultural galega, estan sufrindo un grave risco”, está sendo dilapilada dende o goberno municipal

“A posibilidade da desaparición do Redondela en Curto, constitúe unha mostra do escaso interese do goberno de Javier Bas, en promocionar eventos culturais que non pode controlar políticamente. Xa van varios eventos que desapareceron como o Ventorock, Ventofolk, ou poñer en risco a conmemoración da Batalla de Rande do ano 2017 . Non se pode limitar a acción do goberno ao exhibicionismo do lucerío durante o Nadal, desatendendo problemáticas como a da celebración deste evento. Atopámonos novamente, sinala Xoán Carlos González, ante unha nova evidencia que o goberno do PP únicamente exerce de apisonadora de movementos culturais de base”, afirma Xoán Carlos González.

Xoán Carlos González, responsabiliza ao alcalde de Redondela, da desaparición do Redondela en Curto.