O BNG apremida ao goberno de Digna Rivas á sinatura do convenio coa Confraría Cesantes

IMG-20260428-WA0003
O voceiro municipal, Xoán Carlos González
Xoán Carlos González Campo, "nunha crise sen precedentes nada se sabe da nosa proposta de duplicar as axudas económicas ao colectivo de mariscadoras " 
O BNG apremida ao goberno de Digna Rivas á sinatura do convenio coa Confraría Cesantes
Dende a organización nacionalista apremian ao goberno municipal de Redondela a asinar o convenio de colaboración coa Confraría de Cesantes. Trátase de axudas económicas principalmente enfocadas ao apoio ao colectivo de mariscadoras. 
 
Por la súa parte o voceiro municipal do BNG recorda que o sector atravesa unha grave crise dende hai varios anos cun goberno da Xunta que se desentende absolutamente. "Propuxemos ao goberno de Digna Rivas que se duplicara o convenio de colaboración económica coas mariscadoras e ata agora non temos resposta ningunha", afirma. Descoñece os motivos polos que estas axudas están bloqueadas dende hai dous meses. 
 
O goberno municipal levou ao pleno de febreiro o convenio. Dende o BNG, propuxemos chegar aos 20.000 euros, sorprendentemente retiraron a súa proposta sen tomar ningunha iniciativa ata o día de hoxe, lamenta Xoan Carlos González. Ante o desleixo do goberno do PP, o concello debe defender sectores económicos estratéxicos. 
 
Nos últimos anos o número de mariscadoras a pé da confraría de Cesantes, diminúiu drásticamente. O excesivo aporte de auga doce por mor do aporte incontrolado do Encoro de Eiras, o aumento da temperatura da auga, a morte dos bivalvos, o monocultivo de especies foráneas, e a falla de relevo xeracional pintan un panorama desolador.
 
Cremos no futuro dos sector da pesca artesanal da Enseada San Simón. Para nós as mariscadoras forman parte deste sector que debe ofrecer postos de traballo de calidade explotando racionalmente o medio natural, afirma. Insiste o voceiro do BNG Xoán Carlos González na viabilidade do do sector para crear riqueza, permitindo ás nosas mariscadoras vivir dignamente dunha actividade que defenden e tratan con mimo, remata na súa nota.
O BNG apremida ao goberno de Digna Rivas á sinatura do convenio coa Confraría Cesantes