Para o BNG en Chapela ADIF primaron os intereses da Autoridade Portuaria e servizos ferroviarios sobre o dereito ao descanso da veciñanza.
Xoán Carlos González, "lamentamos o silencio de Digna Rivas non negociando un plan alternativo para que as obras se paralizaran durante a noite”
02 xuño 2026 - 10:23
As obras da construcción do apeadeiro de Chapela polo ADIF, están supoñendo un novo motivo de preocupación e tensión entre a veciñanza. A problemática dos ruídos derivados polas obras nocturnas cáusalles unha grave situación de falla de descanso que se ve repercutida no rendemento escolar e laboral.
O voceiro nacionalista Xoán Carlos González Campo lamentou a falta de implicación da alcaldesa Digna Rivas. Como coñecedora de primeira man das obras que se ían realizar, debería ter trazado un plan e negocialo con ADIF, considera.
Para o edil nacionalista na problemática dos ruídos nocturnos primaron os intereses económicos da Autoridade Portuaria e servizos ferroviarios sobre o dereito ao descanso. Refírese á presunta necesidade de que as obras se realizaran de noite para permitir o tráfico de trens tanto de pasaxeiros como mercadorías.
Exemplifica esta carencia de interese por adiantarse aos problemas, co que sucede coa liña Redondela Guillarei, pola que levan varios meses sen circular os convoios, e aínda tardarán varios máis. Existen alternativas, mais débese presionar para acadalas, remata na súa nota.