O BNG defende manter o uso público dos viais de sempre empregados pola veciñanza
Xoán Carlos González, No camiño do Choupo de Chapela, PP e PSOE crearon un grave problema onde non había”
29 xuño 2026 - 19:07
Un dos puntos da sesión plenaria de xuño centrouse na proposta do goberno de Digna Rivas de retirar do Inventario Municipal de Bens o Camiño do Choupo en Chapela. Por iniciativa dun particular, iniciouse un proceso de investigación. O camiño leva décadas sendo como rúa sen saída que presta servizo a varias vivendas e fincas particulares.
Malia que poderían ter votado en contra tanto PP como PSOE decidiron que este vial xa non vai ser veciñal. Isto significa que o alumeado público no seu día instalado polo concello, podería ser retirado, afirma o voceiro nacionalsita Xoán Carlos González Campo.
No debate o edil do BNG, afirmou que este vial camino de servizo a vivendas, empregouse dende hai décadas para dar servizo á casas que se foron construíndo. O camiño do Choupo medrou ao longo, con diferentes retranqueos. Agora crean PP e PSOE un problema onde non o había. Dende o BNG defendemos que o uso público dende hai décadas deste camiño, garantiría seguir empregándoo como para servizo de toda a veciñanza, sinala.
Actúa o Partido Socialista do mesmo xeito no camiño do Choupo que no camiño de Soutelo, dándolle a razón a particulares que demandan que camiños ou parte deles deben considerarse exclusivamente de uso particular, lamenta o voceiro nacionalista. Recoñece o cambio de postura da Agrupación de Electores, que agora si opúxose a que un camiño de uso público pase a ser considerado particular