O goberno de Digna Rivas, co apoio do PP volve darlle as costas ás mariscadoras

IMG-20260629-WA0009
Xoán Carlos González na súa intervención no pasado pleno
Xoán Carlos González, ”dende o BNG, propuxemos duplicar a subvención mentras que Javier Bas e os seus aliáronse coa alcaldesa para votar en contra". 
O goberno de Digna Rivas, co apoio do PP volve darlle as costas ás mariscadoras
Volveron ningunear ao colectivo de mariscadoras da confraría de Cesantes mantendo o mesmo convenio de 10.000€ malia a grave situación pola que atravesan”. Esta é a conclusión á que chegan dende a organización nacionalista tralo resultado da votación plenaria de xuño. “Certificouse que despois de auspiciar o peche do acceso ao mar en Soutelo, volveron darlle as costas ás traballadoras do mar, afirman.
Xa no mes de febreiro propuxemos duplicar a subvención para colaborar coas mariscadoras, manifestou o voceiro do BNG Xoán Carlos González Campo. Refírese á adquisición de semente tanto foránea (xapónica), como autóctona que pode adaptarse moito mellor ao noso medio mariño. Cumplimos coa nosa obriga defendendo a traverso dun voto particular, rexeitado por PSOE, PP e tamén AER. Daquela baixo a falsa promesa de que se ía renegociar coa confraría, Digna Rivas retirou o convenio. Unha visión oportunista e partidista dun tema tan serio, afirma o edil nacionalista.
No mes de xuño a mesma cantidade, cando hai máis traballadoras do marisqueo que xa abandonaron a actividade. Van deixar morrer o sector paseniñamente, considera. Defende que trátase dun sector estratéxico que debe contar con máis apoio da administración, neste caso o concello.
O goberno de Digna Rivas, co apoio do PP volve darlle as costas ás mariscadoras