Escándalo no Parlamento Galego polo Plan Chapela.

Expulsión Parlamento
Momento da expulsión dos e das veciñas de Chapela. Praza.gal
Escándalo no Parlamento Galego polo Plan Chapela.

Representantes da Asociación de Veciños desaloxados. O Partido Popular, capitaneado por Alberto Pazos, vota en contra de medidas apoiadas en Redondela.

O Parlamento galego debatía a proposta do Plan Chapela, defendida polo deputado do BNG Luís Bará. Tal como se presentou no seu momento, pretende a mellora das condicións de vida dos habitantes dos arredores da autoestrada e da avenida de Redondela.

Humanización da estrada, gratuidade da peaxe co fin de reducir o tráfico rodado, traslado do Colexio Igrexa, construción da Escola Infantil, eran algunhas das propostas prantexadas.

No momento do debate, a maioría de parlamentarios do Partido Popular, e algúns do PSOE, decidiron levantarse e abandonar o hemiciclo. Foi nese momento, cando representantes da AA.VV de Chapela., convidados polo BNG, botáronlles en cara esta falla de respecto coa veciñanza. Nese momento, o presidente do Parlamento, ordenou o seu desaloxo.

Mais a situación estrambótica, continuou ao longo do debate, e na posterior votación. En contra do esperado, o Partido Popular votou en contra das iniciativas nacionalistas, que contaron con emendas prantexadas polo PSOE. Recollíase a expropiación de vivendas na zoa de Cabanas, ou a construción dunha nova ponte de acceso a Trasmañó. Cuestións apoiadas no seu momento polos populares no Pleno de Redondela.

A situación adquire maior gravidade, posto que quen comandou o debate e a proposta de rexeitamento dos Populares, foi o exconcelleiro Alberto Pazos. Practicamente todas as propostas prantexadas contaban co aval do Pleno redondelá. Pazos, por mera cuestión caprichosa, negouse a apoiar as xustas reivindicacións cidadás, que pretenden a mellora das condicións de vida dos veciños, e mitigar o negativo impacto da Ampliación.

Escándalo no Parlamento Galego polo Plan Chapela.