Xoán Carlos González: “Javier Bas, é o único responsábel do acontecido no Parlamento Galego ”.
O concelleiro do BNG, analiza como “un poñer os paus nas rodas”, a negativa do PP a apoiar medidas para a mellora das condicións de vida da veciñanza en Chapela. “O alcalde de Redondela, quere converterse no único interlocutor con Audasa e Fomento, cando o mobemento asociativo estalles marcando o paso”, apunta.
“A expulsión dos representantes veciñais da sede do Parlamento Galego, confirma a actitude autoritaria do Partido Popular naquelas institucións nas que asume a maioría absoluta”, considera Xoán Carlos González. Solidarízase cos representantes veciñais, que foron tratados como axitadores, cando unicamente pedían respecto para Chapela.
A presentación das propostas por parte do Bloque Nacionalista Galego, non gustaron ao goberno municipal de Redondela, de aí que transmitiran a negativa a apoialas. O único que pretenden é que Javier Bas apareza como único interlocutor, cando en todo momento está sendo ninguneado, tanto por Fomento como por Audasa, valora o concelleiro do BNG.
Xoán Carlos González recorda que “todas e cada unha das propostas presentadas no Parlamento, contaron co apoio plenario. Rexeitalas agora o único que buscan, é que Javier Bas se presente como o único negociador con Audasa e Fomento. Afirma que “o conseguido ata agora, débese á presión e mobilización veciñal”, en alusión á manifestación convocada en Chapela, que acelerou a exposición pública do proxecto do novo colexio de Igrexa, ou as continuas concentracións da Plataforma de Afectados pola Ampliación.
Salienta Xoán Carlos González, que as pretensións da iniciativa do deputado do BNG, Luís Bará, era que o Parlamento Galego, apoiara as lexítimas reivindicacións de mellora das condicións de vida da veciñanza de Chapela. “Estamos ante un caso gravísimo de manipulación por parte dos representantes do PP, das demandas e exixencias veciñais”, remata na súa nota o concelleiro nacionalista.