AUCOSA, mófase da veciñanza.
Durante varias semanas os fedores procedentes da factoría de tratamento de restos de peixe para elaboración de fariña e alimentos para uso acuícola, ubicada en Punta Chapelisa, Cabanas, converteuse nunha das protagonistas da vida do concello de Redondela.
Durante varias semanas os malos cheiros estendéronse por Chapela, Trasmañó, Rande e mesmo nalgúns días ata Cedeira. Estes fedores non remitiron durante días, obrigando a que moitas vivendas non puideran nin tan sequera abrir as súas fiestras. Camiñar polas rúas convertíase nun reto diario, tanto para as persoas maiores, como principalmente para os cativos e cativas.
AUCOSA, castigou á veciñanza que se atreveu a revelarse contra unha licenza de obra, que recibiu estas semanas. En moitas ocasións deixaba aberta tolvas ou almacéns de desperdicios onde se acumulaban os restos do peixe que ía ser tratado.
Nun exemplo de desprezo absoluto, e castigo á veciñanza a empresa non fixo nada por mitigar estes fedores. Agardamos dende o BNG, que o Concello tomaría nota dos feitos, e levantaría algún tipo de informe.