O BNG demanda ao Concello que xestione melloras nos quitamedos en Negros.

IMG-20170310-WA0000
Estrada de Negros
O BNG demanda ao Concello que xestione melloras nos quitamedos en Negros.

O concelleiro Xoán Carlos González, considera que “se pón en risco a seguridade viaria, ademáis de impedir o acceso a diversas propiedades”.

O remate das obras de acondicionamento do treito da N-555, afectado polas ríadas do marzo de 2016, están a crear preocupación e malestar entre a veciñanza de Negros. Así o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González relata como a instalación de quitamedos, nun treito duns 50 metros, “non cumpre as espectativas creadas. Os elementos protectores, están ocupando en vertical da estrada, o que obriga a circular pola firme. Se temos en conta que se trata do trazado dunha curva, estase expoñendo aos peóns un risco evidente”.

Ademáis de invadir a beira, o sorprendende que se cortara o acceso a seis pequenas propiedades dos veciños da zoa, en concreto varias hortas. Inexplicablemente, non hai posibilidades para chegar a elas, máis que saltando estos quitamedos”, alerta.

O risco de circular por esta parte da estrada que une Redondela co Aeroporto, ademáis de pola instalación dos quitamedos, agrávase porque se trata dunha zoa con moitas curvas. Ademáis cortouse hai varios días o alumeado público. Xusto neste punto, sitúase unha marquesiña, onde tén parada o transporte escolar. Ben camiñar nun sentido, ou ben cruzar, constitúe un reto para os veciños e veciñas desta parroquia de Negros”, afirma o concelleiro do BNG.

Insta Xoán Carlos González a que o goberno de Javier Bas, presione a empresa para mellorar esta obra. “Cónstanos que hai veciños que estarían dispostos a ceder parte dos terreos para instalar os quitamedos, sempre que se lles permita o acceso ás propiedades en boas condicións, e se asegure o tránsito de peóns. Esta xestión non a fixo o goberno municipal de Redondela”.

Considera o concelleiro nacionalista que “sería irrisorio que os que se viron afectado polas riadas teñan que sufrir a neglixente xestión nas obras da estrada N-555 a o seu paso por Negros”, remata na súa nota.

O BNG demanda ao Concello que xestione melloras nos quitamedos en Negros.