O BNG defende un novo modelo de Convenios Interparroquiais
Xoán Carlos González, "Digna Rivas mantén os orzamentos impedindo maior financiamento e novos criterios dun modelo exitoso”
26 maio 2026 - 10:36
Os convenios interparroquias, creados hai varias décadas constitúen un incentivo económico e de difusión das actividades de colectivos culturais das parroquias de Redondela. Garántense actuacións nas parroquias do concello, xunto a un respaldo económico. O modelo debe actualizarse, ademáis de aumentar as axudas municipais.
O voceiro do BNG, Xoán Carlos González Campo afirma que ao manterse os orzamentos do ano 2025, non hai posibilidade de aumentar a partida asignada, e previsiblemente non haberá ata o ano 2027, lamenta. Carga toda a responsabilidade na alcaldesa Digna Rivas porque entre as súas prioridades non se atopa impulsar a nosa cultura nas parroquias, engade.
Sae en defensa dos convenios interparroquiais como un respaldo do goberno ao activismo cultural. Considera que nas súa programación tamén se basea o recoñecemento de Redondela como concello con importante actividade cultural. Os convenios interparroquiais movilizan a centos de veciños e veciñas que participan en grupos de baile e música tradicional, corais, teatro, que debemos mellorar e impulsar, afirma Xoán Carlos González Campo.
Creado hai varias décadas considera que deben actualizarse os criterios de admisión de asociacións e agrupacións, así como os trámites burocráticos. Tamén considera que a partida orzamentaria debería aumentarse anualmente, para poder incentivar a participación de ducias de veciños e veciñas en actividades de carácter cultural das parroquias redondelás. A partida mantense con 40.000€, aínda que en varios anos non se chegou a gastar completamente. “Debería ser todo o contrario, afirma o edil do BNG no seu argumentario
"O compromiso do Bloque Nacionalista Galego co activismo cultural das parroquias é claro, imos actuar para que os convenios interparroquias teñan maior protagonismo e facilidades" , afirma Xoán Carlos González Campo