O BNG considera de ocorrencia oportunista o proxecto de Digna Rivas para Vila Elisa

IMG-20260320-WA0000
Visita do GM do BNG a Vila Elisa.

Xoán Carlos González: "Defendemos unha nova biblioteca ben ubicada que dea resposta ás necesidades de Redondela para as vindeiras décadas" 

 

O BNG considera de ocorrencia oportunista o proxecto de Digna Rivas para Vila Elisa
A organización nacionalista sae ao paso do anuncio de Digna Rivas da construción dun edificio adosado á recentemente adquirida Vila Elisa. Califican de ocorrencia da alcaldesa sen ter en conta as necesidades e os recursos económicos municipais. Nin sequera se molestaron en solicitar a colaboración da Xunta vía orzamentos, mentras que o BNG si presentou unha emenda para o proxecto de rehabilitación.  
Segundo manifestou o voceiro nacionalista Xoán Carlos González Campo "a nosa proposta pasa por unha nova biblioteca ben ubicada que dea resposta ás necesidades do concello de Redondela das vindeiras décadas" .
O edil do BNG afirmou que segundo a normativa da Xunta debe contar cunhas dimensións mínimas de 1.400 metros cadrados. Albergaría espazos comúns e polivalentes para veciñanza en xeral; áreas de formación, lectura, música e imaxes; espazos para traballadores e fondo bibliográfico. Trataríase de construír unha infraestrutura polivalente, viva, aberta, interxeracional, dinámica como centro do que emana a formación e a cultura, defende. 
Defende Xoán Carlos González Campo que a nova biblioteca debe situarse no entorno educativo da Marisma, como espazo de encontro entre distintas etapas educativas e xeracións. Ademáis facilitaría a accesibilidade de alumnado e veciñanza que se despraza dende as parroquias e concellos veciños ao casco urbán de Redondela.
Para Xoán Carlos González Campo a construcción da nova biblioteca constitúe un proxecto estratéxico para Redondela. Así llelo fixemos saber hai dous anos ao goberno municipal, mais o silencio foi a resposta de Digna Rivas.
Para o edil nacionalista e segundo o publicado nos medios de comunicación podemos atoparnos cun novo edificio anexo a Vila Elisa dun tamaño similar ao actual. Para quen se alteraría definitivamente a singularidade do edificio e do espazo no que se atopa, precisamente un dos argumentos de peso para adquirila.
Considera que o novo edificio anexo implicaría un enorme impacto visual, ao situarse na parte alta da Vila. Non menor a reducción de espazo visual para os veciños e veciñas dos edificos colindantes, alerta.
Para o voceiro nacionalista Vila Elisa tén unha marcada vocación de edificio para albergar as necesidades museísticas do concello. Entre elas destaca Museo Etnográfico, Museo Ángel Barros o Obradoiro do Títere. Ademáis poderianse incorporar exposicións itinerantes, remata na súa nota.
 
O BNG considera de ocorrencia oportunista o proxecto de Digna Rivas para Vila Elisa