O pleno de abril, o esperpento do goberno de Digna Rivas

IMG_20260519_103234
Xoán Carlos González na súa intervención do pasado pleno.

Xoán Carlos González :"Un goberno municipal que amosou unha vez máis desinterese, que mesmo chegou a votar en contra das súas propias propostas”

 

O pleno de abril, o esperpento do goberno de Digna Rivas
Esperpéntico, sería o calificativo a aplicar ao visto no pleno do mes de abril. Evidenciouse que o goberno de Digna Rivas trata cuestións de calado e relevanza, cunha irresponsabilidade preocupante. Dende o BNG, realizan unha valoración moi negativa do xeito de actuar do goberno municipal
Un dos puntos referíase á prórroga do Servizo de Axuda no Fogar, cuestión que se plantexou sen iniciar ningún tipo de negociación. O BNG rexeitou a prórroga pois as condicións laborais das traballadoras non se estaban vendo compensadas. Rexeitado o punto, Digna Rivas botou man do seu populismo, advertindo que os usuarios e usuarias quedarían se servizo. Utilizou a mentira a alcaldesa para atacar ao BNG pois o servizo pode prorrogarse ata nove meses. Agora o que teñen é que porse a traballar para elaborar uns novos pregos
Outra das cuestións plenarias tiña a ver coa actualización de taxas de Urbaser. Neste punto perdeuse todo o sentido común. O propio goberno municipal votou en contra da súa proposta, que mesmo apoiaran en comisión, afirmou o voceiro nacionalista Xoán Carlos González Campo. Nunha actitude que calificou de cínica denunciou que "PP e PSOE non foron quen de argumentar a favor de Urbaser, cando hai nove meses acordaron dotar de 300.000€ máis ao ano as aportacións do concello”.
Outro dos puntos que tampouco saíu adiante tiña que ver co cobro puntual de taxas pola montaxe de barras de bar no recinto da festa, no aparcadoiro da Alameda Castelao, e en todo o concello o día do Entroido de Verán. O voceiro do BNG calificou a proposta de improvisada, mal planificada.
Así pois tratouse dun pleno que demostrou unha vez máis o desinterese e irresponsabilidade do goberno de Digna Rivas.
O pleno de abril, o esperpento do goberno de Digna Rivas