Xoán Carlos González afirma nun acto en Chapela que Arcelor Mittal debe saír da parroquia

IMG_20260424_201004
Xoán Carlos González na súa intervención no acto de Chapela

 “O goberno de Digna Rivas non amosou nunca interese por defender os dereitos da veciñanza", afirmou nun encontro mantido no Multiúsos.

 

Xoán Carlos González afirma nun acto en Chapela que Arcelor Mittal debe saír da parroquia
A situación da nave adicada a almacenamento de bovinas de aceiro da multinacional Arcelor Mittal segue creando grande preocupación entre a veciñanza de Chapela. Nun acto público o voceiro do BNG Xoán Carlos González afirmou que a nave debe saír da parroquia e reubicarse en chan industrial.
“A empresa debe saber que a prioridade céntrase en mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, nunha das zonas máis densamente poboadas do concello", afirmou ao longo da súa intervención. A seguridade viaria nunha zona altamente poboada, a contaminación acústica, inciden negativamente na calidade de vida dos veciños e veciñas de Chapela. " A empresa leva varias décadas beneficiándose dunha situación moi vantaxosa no medio dun núcleo urbano", sinala o edil. " Agora debe pensar en buscar unha saída para realizar a súa actividade nun polígono industrial", afirma o voceiro nacionalista.
 " A empresa presentou un Proxecto de almacén loxístico de chapas de aceiro, ao que o concello respóstalle cales son os pasos que debe dar para regularizar a situación" , desvelou. "Ata agora a intervención do concello limítase a facerlle cumplir á empresa a lexislación" , recordou.
Un dos aspectos que máis preocupa á organización nacionalista consiste na repotenciación para dar resposta ás necesidades enerxéticas da empresa. Significa que se constrúe un novo centro de transformación que chega ata os 160kvA, polo que xa non se fala dunha reforma, senón dunha nova obra.
Afirmou o voceiro do BNG que " o goberno de Digna Rivas non amosou interese en defender aos nosos veciños e veciñas. Foron a remolque da Asociación de Veciños de Chapela quen denunciou a situación irregular da nave no verán do ano 2025". Acusounos de inacción e desinterese sobre a situación de Arcelor Mittal.
Coincide coa A.VV. de Chapela en marcarlle a saída do entorno urbano da parroquia para que se reubiquen nun polígono industrial que dea resposta ás necesidades da empresa, insiste Xoán Carlos González.
Na mesma liña tense expresado o Consello Parroquial de Chapela, que malia o oscurantismo do goberno de Digna Rivas, posicionouse claramente en contra de que ArcelorMittal continúe na parroquia, insiste.
Os camións móbense diariamente nunha zona urbana, duns 2.000 habitantes na súa área de influencia inmediata (en Chapela viven unhas 7.000), cun vial de alta densidade de tráfico, a avenida de Vigo que conecta coa anterior José Fernández. Neste espazo urbano, atópanse infraestruturas dotacionais como a Alameda Rosalía de Castro, cun parque infantil, unha pista polideportiva, e o antigo apeadoiro de Chapela (que temos presentadas iniciativas). Ademais os consabidos bares e restaurantes, a praza de abastos, farmacia...
Finalmente insiste Xoán Carlos González Campo en manter iniciativas que vaian en interese de Chapela, mellorando a calidade de vida da veciñanza.
Xoán Carlos González afirma nun acto en Chapela que Arcelor Mittal debe saír da parroquia