Digna Rivas mantén conxelada a autoxestión a centros educativos dende hai catro anos

IMG-20260505-WA0005

Xoán Carlos González, "levounos a unha cuestión de confianza cos seus orzamentos, que non apoiamos por conxelar a partida para ensino público" .

 

Digna Rivas mantén conxelada a autoxestión a centros educativos dende hai catro anos
“A sinatura dos convenios de autoxestión dos centros educativos públicos constata o desinterese e falta de implicación do goberno de Digna Rivas co mantemento dos nosos centros educativos públicos, así o valora o voceiro municipal do BNG, Xoán Carlos González Campo
Recorda que “dende o ano 2022 mantense a mesma partida de 105.000€ para autoxestión de centros educativos o que significa que a alcaldesa Digna Rivas manteña conxelada por cuarto ano consecutivo”. E iso malia o deterioro dos centros escolares e a suba dos prezos
“Digna Rivas anunciou no ano 2025 que os orzamentos municipais aumentaban un 12% o que suporía que a autoxestión chegaría aos 115.000€”, afirma o edil nacionalista, “cousa que non se producíu”. Afirma que o desinterese polas partidas educativas reflexadas neses orzamentos demostraron que se trataba duns orzamentos bulo. 
Para agravar máis a situación, “nunha demostración de irresponsabilidade dende o goberno municipal xa anunciaron que non haberá novos orzamentos nin neste ano nin no 26. Incumpren sistemáticamente todo o que asinan
A falla de compromiso coas políticas educativas, que lle corresponde ao concello de Redondela, levaron ao BNG a non claudicar coa chantaxe da cuestión de confianza, e converternos en cómplices do deterioro dunha área tan importante como o ensino en Redondela.
Digna Rivas mantén conxelada a autoxestión a centros educativos dende hai catro anos