Novas
Xoán C. González, demanda a reubicación de Normalización Lingüística no Concello.
26/set./2018
A conmemoración dos 35 anos de posta en marcha deste Departamento, aproveitouna o voceiro do BNG para reclamar “a reinstalación na sé do Concello deste servizo tan relevante no organigrama municipal”. Prantexa as actuais oficinas do Partido Popular como o emprazamento máis axeitado, “posto que cada concelleir@ xa dispón do seu propio despacho”.