O BNG de Redondela fai un chamamento a mobilizarse o 6 de abril pola sanidade pública

IMG-20250331-WA0013

O pasado 26 de marzo, a plataforma nacional SOS Sanidade Pública e a plataforma local de Redondela pola Defensa da Sanidade Pública organizaron un acto onde repasaron a situación crítica da sanidade pública galega e a importancia da mobilización do 6 de abril en Compostela.

 

O BNG de Redondela fai un chamamento a mobilizarse o 6 de abril pola sanidade pública
En Redondela coñecemos a precariedade dos centros de atención primaria, xa que hoxe unha cita pode demorar de 7 a 15 días. Ademais, a atención hospitalaria está nun momento de colapso con meses de espera para citas importantes nos hospitais Álvaro Cunqueiro e no Meixoeiro.
 
Os recortes da Xunta do PP na sanidade pública teñen un claro beneficiario: o sector privado, coa sanidade e os seguros privados á cabeza das alternativas a unha atención médica rápida. Este modelo pretende facer negocio dun dereito colectivo como é a sanidade.
 
Para denunciarmos esta situación, SOS Sanidade Pública convoca unha mobilización nacional en Compostela o 6 de abril ás 12:00. Desde o BNG de Redondela animamos a todas as veciñas de Redondela a encher as rúas da capital e, para facilitar a asistencia, a plataforma local organiza un servizo de bus desde a Farola.
 
Contacta co teléfono 638259974 para reservares a túa praza.
 
O BNG de Redondela fai un chamamento a mobilizarse o 6 de abril pola sanidade pública