O BNG de Redondela chama a participar das actividades do ArteLixo 2025

A edición deste ano do ArteLixo muda o seu nome para deixar unha mensaxe clara e rotunda: AltriLixo. Con isto, as organizadoras decidiron centrar a arte reivindicativa do certame na denuncia do proxecto de macrocelulosa de Altri da Xunta do PP. Un proxecto que pon en perigo toda a contorna do río Ulla e mais a ría de Arousa.
Desde o BNG témolo claro e todas as nosas campañas e medidas de denuncia para paralizarmos este proxecto de macrocelulosa son claros, como por exemplo a moción en contra de Altri que presentamos o pasado mes no pleno de Redondela.
Animamos a todas as veciñas a visitar as obras que forman parte da edición de 2025 do ArteLixo e a sumarse ás convocatorias de denuncia que organice o tecido asociativo galego.
Xa abonda de enganos e de manipulación mediática:
Altri NON!