A veciñanza de Redondela ateiga o faladoiro do BNG

IMG_20250414_204653
O BNG de Redondela organizou un faladoiro aberto a todas as veciñas da vila para informar de primeira man sobre a súa postura de desvinculación co PSOE mentres este siga incumprindo todos os acordos aos que chegaron até o momento.
 
A veciñanza de Redondela ateiga o faladoiro do BNG
Nunha Casa da Cultura ateigada de veciñas, o Grupo Municipal e mais o Responsábel Local do BNG relataron os motivos que as levaron a tomar esta medida. “O BNG de Redondela apoiou a conformación dun goberno alternativo, cumprindo todos os acordos que levamos adiante co goberno municipal para mellorar a vida de todos os veciños e veciñas, porén, o PSOE leva 6 anos incumprindo estes acordos. É unha situación insostíbel”, afirmou o voceiro municipal Xoán Carlos González ante a pregunta das asistentes.
 
“Nun cambio radical á dereita, o Partido Socialista de Redondela vén de chegar a un acordo co PP para romper o único acordo que si cumprira connosco, exiximos que se publicite”, relatou o Responsábel Local Jose Rodríguez Gómez. Despois disto, o concelleiro David Couñago deixou claro que “a pesar dos atrancos do PSOE, o BNG seguirá exercendo unha oposición construtiva e loitando por acordos que melloren a vida en Redondela”.
 
As asistentes saíron coa idea clara de que o BNG é a única forza en Redondela que a día de hoxe cumpre cos compromisos asinados.
 
A veciñanza de Redondela ateiga o faladoiro do BNG