O BNG demanda ao concello que garanta o acceso público ao mar en Cedeira

Xoán Carlos González presentamos un escrito para que se cumpra coa resolución emanada do xulgado na zona de Soutelo, na Formiga”
31 mar. 2025 - 17:52
A organización nacionalista demandoulle por escrito ao goberno de Digna Rivas que iniciara os trámites necesarios para garantir o acceso público ao mar en Soutelo, no barrio da Formiga en Cedeira, consonte acaba de ditaminar un xulgado de Redondela.
Trátase de preservar o dereito de paso a través dunhas escaleiras empregadas dende tempo inmemorial por veciños e veciñas da zona.
Alude o voceiro do BNG, Xoán Carlos González que son varias ducias de mariñeiros afeccionados e mariscadoras da Confraría as persoas afectadas.
No seu momento un particular procedeu ao peche deste acceso á beira do mar dende a vía pública. A mobilización veciñal conseguiu que agora o xulgado lle recoñecese o dereito de paso, contando mesmo co apoio da A.V. da parroquia.
Previamente o voceiro nacionalista puxera o feito do peche en coñecemento dos membros do Consello Parroquial de Cedeira “por considerar que debía estar informado en todo momento. Tamén destaca que a instancias do BNG se paralizou a actualización do Inventario Municipal de Bens, pois a proposta que se levaría ao pleno descartaba que as escaleiras de acceso ao mar se incorporasen ao Inventario Municipal de Bens .