O BNG demanda o 2020, “Ano das Mulleres de San Simón”.

IMG-20190721-WA0001
Homenaxe ás mulleres de San Simón

A proposta nace dunha moción presentada no ano 2016, na que se destaca “o compromiso adquirido por unha rede de apoio protagonizada por mulleres redondelás, aos presos de San Simón e do barco cadea Upo Mendi durante os primeiros anos da Guerra Civil”.

O BNG demanda o 2020, “Ano das Mulleres de San Simón”.

Nun escrito asinado polo voceiro nacionalista, Xoán Carlos González dirixido ao goberno municipal de Redondela retoma a moción por el mesmo defendida no ano 2016 sobre a represión franquista. Incluíase o acordo de adicar aquel mesmo ano a recoñecer públicamente o compromiso de numerosas mulleres redondelás que mitigaron o sufrimento dos presos por defender o goberno republicano. “A moción contou co apoio unánime da Corporación, mais o daquela alcalde Javier Bas esqueceu o seu compromiso”, recorda o edil do BNG.

Polo presidio de San Simón, pasaron uns seis mil presos entre setembro do ano 1936 e marzo de 1943. Ademáis da Illa, sumouse o barcoprisión vasco Upo Mendi. “As duras condicións que padecían os presos, con violencia física e psicolóxica, fame, andazos, que mesmo acabou con moitos deles paseados, converteuno nun dos presidios máis duros. Paralelamente en Redondela, A Portela, Cesantes, Cedeira teceuse unha rede de apoio, protagonizada por mulleres vontarias que decidiron mitigar as súas penurias”, apunta Xoán Carlos González. “O noso deber consiste en recoñecer o seu compromiso e valentía, en momentos nos que elas mesmas padecían  as necesidades por mor da propia Guerra Civil”.

Recorda que no verán pasado o BNG desenvolveu un acto en memoria deste colectivo de mulleres. No peirao da Portela, de onde partían as embarcacións que se dirixían a San Simón e Upo Mendi, realizáronse diversas actividades: representacións, discursos, ofrenda floral. “Mesmo tivemos unha pequena exposición de obxectos feitos polos presos, cos que agasallaban a moitas destas mulleres en sinal de agradecemento”. Sinala que algúns dos familiares daqueles presos amósanse interesados en contactar con familias destas mulleres solidarias de San Simón e do Upo Mendi de Redondela para expresarlles o seu agredecemtos oitenta anos despois daqueles tristes anos.

Considera o voceiro do BNG, que “xa é hora de rescatar da memoria colectiva esta parte da nosa historia local, que tanto apoio e solidariedade transmitú a moitos presos e ás súas familias”.

 

O BNG demanda o 2020, “Ano das Mulleres de San Simón”.