Néstor Rego, afirma en Chapela que “cómpre facer seguemento para que os acordos se cumplan”.
05 feb. 2020 - 09:43
Acompañado do voceiro municipal de Vigo, Xabier Pérez, da compañeira redondelá Iria Custodio, e do voceiro municipal de Redondela, Xoán Carlos González, o deputado do BNG repasou os aspectos principais do Acordo de investidura de Sánchez.
Ao longo da súa exposición, Rego fixo fincapé, na oportunidade que para Galiza, se abre coa presenza do BNG no Congreso, mantendo un voto decisivo para arrincar acordos de País. Durante catro anos, os 23 eleitos galegos e galegas, sometéronse aos dictados das directrices dos seus partidos en Madrid. Os gobernos amigos do PP de Feixóo, volveron a ningunear a Galiza. A proposta de orzamentos de PSOE-Podemos, reducía ata dous terzos arrespeito aos que se aprobaran co apoio do BNG, hai 10 anos.
Ao longo do acto houbo momentos, para insistir no compromiso adquirido para maiores dotacións económicas na atención a dependentes, ou na creación de novos xulgados de Violencia de Xénero. Tamén para o compromiso dun estatus de nación para Galiza.
O tren, protagonizou boa parte do acto, no que Rego, salientou a importancia da finalización do AVE, “máis que a nós o que máis nos interesa é artellar a rede ferroviaria galega, a traverso dun verdadeiro Tren de Proximidade”.
Como non podía ser doutro xeito, a eliminación da Peaxe en Rande, foi a grande protagonista. Un punto que específicamente se recolle no Acordo. Ademáis a gratuidade para quen emprega como mínimo dúas viaxes diarias, “incluíndo aos transportistas, cuestión que o PSOE, eludía”. A eliminación da Peaxe, ademáis de ser unha acción de xustiza, vai permitir a Humanización da Avenida de Redondela en Chapela.
Malia os cantos de serea nos que as enquisas interesadas de medios de comunicación, nos queren distraer, Néstor Rego insistíu na tensión social para que os acordos sexan unha realidade. Hoxe por hoxe, grazas a este acordo, un deputado do BNG tén máis peso específico no Estado, que calquera dos 22 restantes.