Para o BNG a elección de redondelán distinguido, convértese nun procedemento calamitoso.
Cecilia Pérez: O nomeamento deste persoeir@, debe vir respaldado por unha ampla maioría social.
No Pleno Ordinario do mes de xaneiro, un dos asuntos que máis debate xerou, foi a aprobación das bases para a elección de redondelán distinguido. Dende a celebración da Comisión Informativa de Cultura, xa se coñecía cal ía a ser a postura de PP/PSOE. Non ían deixar pasar a oportunidade, ningún destes partidos, para anotarse o tanto. Pola súa banda, tanto BNG como AER, abstivémonos nesta primeira deliberación.
Foi no Pleno, onde quedou ben clariña a postura da organización nacionalista, en palabras da súa voceira, Cecilia Pérez, quen manifestou que estaban de acordo co fin das bases pero non co medio. Apuntaba que se ían poñer enriba da mesa a traxectoria de persoas aportadas polos diferentes colectivos, cuestión que pode dar lugar a problemas.
Na súa argumentación sinalaba, a voceira do BNG, que a presentación de propostas, debería vir respaldada por unha ampla maioría tanto de colectivos como de orgnizacións políticas.
Como sempre dende o goberno de Javier Bas, quíxose dar a imaxe de que iba a haber unha boa acollida deste Regulamento, e que ninguén ía a actuar de mala fe, salvo, como sempre, os partidos políticos. Dando a impresión que están por enriba do ben e do mal, e que a política segue sendo vista con desconfianza, esta proposta tenta despolitizar o coñecemento da nosa historia máis cercana.
Insistiu a voceira do BNG, en que as bases presentadas, non recollían o espírito de consenso necesario para o nomeamento de redondelán distinguid@, polo que poderían quedar enriba da mesa nomes, que tamén serían moi interesantes.
Finalmente PP/PSOE mantiveron o seu voto a favor, AER cambiouno apoiando a proposta , e o BNG continou coa abstención obrigado pola intransixencia do goberno municipal a estudar as súas aportacións.