O BNG de Redondela levántase do Pleno en apoio ás preferentes.
Afectados polas preferentes foron identificados trala suspensión do Pleno!
No pleno municipal convocado para esta mañá produciuse unha nova protesta dos afectados polas preferentes e que provocou que o pleno tivese que ser suspendido debido ao ruído e queixas a modo de protesta.
Tras isto a policía procedeu á identificación de tódolos afectados que estaban solicitando unha solución para o roubo dos seus aforros mediante procedimentos enganosos como son as preferentes e subordinadas, e que os obriga a tomar este tipo de protestatas xa que nin o goberno español nin a Xunta de Galicia están tomando solucións que solventen este roubo. Mentres o goberno local trata de suavizar a situación con boas palabras e xestos encabezados polo alcalde Javier Bas, que lles prometeu unha "solución" que non chega.
Trala identificación, o goberno local dispoñíase a continuar o pleno, cousa á que o BNG se opuxo levantándose do mesmo e poñéndose de parte dos afectados, quedando o PP só na celebración do pleno.
O BNG oponse a estas medidas antidemocráticas e antisociais que está levando a cabo o goberno local poñéndose de parte da banca e dos poderes financieiros e esquecéndose de que o roubado son os soldos de moita@s traballador@s que están pasando hoxe, si cabe, máis que nunca, unha situación crítica como a que estamos a ver. O BNG quere transmitir así o noso máis sinceiro apoio e permanecerá firme neste tipo de actuacións sempre do lado dos afectados.