Moción do BNG para demandar o incremento de persoal de Correos en Redondela.
Correos é o provedor público de servizos de comunicación de cartas e de paquetaría que presta un servizo postal universal, baixo os supostos de eficiencia, calidade e sustentabilidade. Polo seu carácter público, convértese nun actor fundamental nas relacións da cidadanía coas administracións públicas e coas empresas, tal e como recollen a Lei postal 43/2010, de 30 de decembro (artigo 24) ou a (artigo 21).
En numerosos lugares da Galiza veciños e veciñas denuncian os atrasos inxustificábeis na entrega do correo postal que están a deixar en evidencia a nefasta atención do servizo postal, unha situación que se agrava no medio rural do noso país.
As demoras superan máis de quince días e afectan de xeito xeneralizado o rural galego, mais resultan moito máis grave nas áreas metropolitanas das cidades, vilas ou concellos máis grandes.
As razóns deste atraso está nas condicións extremas en que desenvolven a súa actividade os traballadores e as traballadoras deste servizo. Os cadros de persoal foron reducidos considerabelmente por non cubriren os postos vacantes por xubilacións, baixas por enfermidade, etc. O goberno do Estado español aplica a Galiza ratios de poboación sen ter en conta a dispersión poboacional do medio rural galego, ademais de teren traballadoras e traballadores que facer o servizo utilizando transporte propio e levar unha importante carga de traballo e peso.
A pasividade do goberno ao non cubrir as prazas vacantes no servizo de correos, así como por non dotar o cadro de persoal dos medios necesarios para desenvolver adecuadamente o seu traballo, está a provocar unha situación de tensión entre traballadoras e traballadores e unha gravísima deterioración do servizo, como xa se puxo de manifesto nas denuncias feitas por veciños e veciñas afectadas.
O servizo de correos no concello de Redondela tamén sufre as consecuencias desta política de recortes , como xa o denunciou a AAVV de Chapela.
En agosto de 2013 fixose unha reestructuración do reparto pasando de 21 a 18 carteiros , número no que se incluen os de Fornelos de Montes( 2) e Pazos de Borbén (2). Esta reducción de persoal fai que moitos traballadores/as se sintan frustrados por non poder dar un servizo en condicións , ven como por moito que se esforcen teñen a sensación de que ainda que queiran traballar ben non llo permiten. Comentan que se quere standarizar, pautar , regular, rentabilizar e no seu traballo hai moito de humanidade , de imprevistos que non collen nas estadísticas. , polo que a impotencia e o desánimo son bastantes frecuentes no persoal que atende a diario este servizo.
Polo exposto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal de Redondela a adopción do seguinte
ACORDO
1. Instar á Xunta de Galiza a que demande do goberno do Estado a adopción de medidas tendentes a restabelecer a lamentábel situación do servizo postal no noso concello e garantir o reparto na periodicidade adecuada.
2. Así mesmo, demandar a cubertura de vacantes nos cadros de persoal de Correos para resolver os problemas que se producen diariamente no servizo postal do noso concello.
3. Trasladar o presente acordo ao presidente da Xunta de Galiza, presidente do goberno do Estado español e aos grupos parlamentares do Parlamento galego.
REDONDELA 19 DE FEBREIRO DE 2015
ASDO: CECILIA PEREZ ORGE