PSOE e AER, acreditan que o PP rexenere a política local.

PSOE e AER, acreditan que o PP rexenere a política local.

No Pleno de xaneiro de 2015, debateuse unha moción do Partido Popular na que se instaba a aprobar un Regulamento Local, onde se contemplaran as obrigas da aplicación da Lei de Transparencia. Todo un exercicio de cinismo político, por seren esta forza política quen máis casos de corrupción presenta en todo o Estado Español

Os continuos acordos PP/PSOE, sobre a transparencia, a democratización da vida política e pública, antitransfuguismo, ... convértense co paso do tempo en papel mollado.

En Redondela, forzado pola súa situación de minoría, ao goberno de Javier Bas non lle queda máis remedio que contar coa oposición para sacar os grandes temas adiante. Dende a sesión de investidura, a moción de confianza, ata os tres orzamentos que lograron aprobar, contaron co apoio de AER ou do Partido Socialista. Unha situación meramente conxuntural.

Mais a práctica da transparencia, da participación e da democracia, non se realiza por viren recollida en papeis. Practícase porque se cre nela, deixando pegada en todas e cada unha das actuacións que se levan a cabo dende o goberno municipal.

Son numerosos os exemplos de actuacións da vida do Concello na que o goberno de Javier Bas, amosa a súa faciana máis reaccionaria e antidemocrática. Teñen convertido os consellos parroquiais, en meros instrumentos de difusión de actuacións do goberno, aqueles que lles interesan. Teñen coartada a capacidade dos grupos da oposición para poder manexar expedientes ou información da actividade municipal. Acadaron que moitos traballadores municipais, ou que traballan para o concello, se sentiran acosados, e por vez primeira, tiveran medo no seu posto de traballo. Sabotean e torpedean a aquelas asociacións e colectivos que non seguen as súas directrices.

O BNG, non acredita neste fórmula do PP. Non acredita, porque non se trata dunha forza  democrática, porque o exercicio da democracia non pode verse reducido a un decálogo nun papel. A democracia, exércese.

O acordo de PP/PSOE/AER, non constitúe máis que un paripé para os dous primeiros, e un novo voto de confianza para os terceiros. Dende o BNG, imos seguir construíndo novos espazos de diálogo coa sociedade, de participación democrática, e de implicación dos veciños e veciñas na vida do Concello de Redondela.

10371896_656682427734136_4707414981257030143_n

PSOE e AER, acreditan que o PP rexenere a política local.