Moción do BNG de Redondela pola gratuidade da peaxe de Rande.

Presentación por rexistro da moción do BNG pola gratuidade da peaxe de Rande.
Moción do BNG de Redondela pola gratuidade da peaxe de Rande.

Exposición de motivos.

Dende hai máis de vinte anos a Autoestrada AP-9, comunica os principais núcleos de poboación da faixa atlántica de Galiza. Trátase dunha autoestrada de competenza estatal e de peaxe.

O tramo Rande-Vigo, supón un dos custes máis elevados de toda a Autoestrada, cos negativos efectos que sobre a economía de familias e empresas da bisbarra de Redondela, sempre supuxo. Nun tramo duns 5 qm, abónanse as peaxes máis altas de Galiza. Esta situación agrabouse nos últimos anos, por mor do impacto da crise económica.

A gratuidade da Peaxe de Rande, foi unha demanda tradicional do conxunto  da veciñanza de Redondela. Compete pois ao Concello, abandeirar as demandas da cidadanía, nomedamente neste caso da Peaxe.

Distintos foron os gobernos do Estado, que prometeron que rematarían con esta discriminación. Mais, en pleno ano 2015, todo son palabras. Nada de feitos.

Todo o contrario, a cesión a empresas privadas, mantiveron a Peaxe. Na actualidade, AUDASA, como concesionaria da Autoestrada, ingresa elevados beneficios anuais, só por este treito Rande-Vigo.

O recente inicio das obras de ampliación da Ponte de Rande, e da autoestrada nas parroquias de Trasmañó e Chapela, evidencian, unha vez máis, a necesidade de acadar o obxectivo da Gratuidade. Trataríase de eliminar de vez esta discriminación que está a sufrir a veciñanza do noso concello.

Xa iniciadas as obras de ampliación da AP-9, en Trasmañó, e Chapela, comprobamos como no sentido Rande-Vigo, estableceuse un límite de 80qm/h. Isto supón, que as supostas ventaxes de “gozar” dunha Autoestrada, para reducir o tempo de chegada á cidade viguesa, esbáense.

Como xa se tén demostrado, a movilización social, de organizacións e coleitivos, xunto á iniciativa das diferentes administracións implicadas, son as ferramentas axeitadas para presionar ao goberno do Estado e AUDASA, para eliminar a Peaxe de Rande.

Á ATENCIÓN DO ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE REDONDELA

Por todo isto exposto, propoñemos ante o Pleno da Corporación do Concello de Redondela, a adopción do seguinte, ACORDO:

1. Que o alcalde-presidente do Concello de Redondela se dirixa ao Ministerio de Fomento para acadar a Gratuidade da Peaxe de Rande-Vigo.

Redondela, 23 xullo de 2015

Xoán Carlos González

Presentación por rexistro da moción do BNG pola gratuidade da peaxe de Rande.

Moción do BNG de Redondela pola gratuidade da peaxe de Rande.