Moción do BNG sobre retribucións non cobradas por concelleir@s e a súa reasignación.

Moción do BNG sobre retribucións non cobradas por concelleir@s e a súa reasignación.

As pasadas eleicións do 24 de maio de 2015, arroxaron o seguinte resultado: Partido Popular, 9 concelleir@s; PSOE 6 concelleir@s; AER 4 concelleir@s; BNG 1 concelleiro; Redondela PODE 1 concelleira.

Con posterioridade, o día 13 de xullo do mesmo ano, tomamos posesión os 21 membros da Corporación Municipal. Tras a mesma, foi eleito como alcalde Javier Bas Corugeira.

Durante os días seguintes, entabláronse “negociacións”, entre as diversas forzas políticas, sobre as retribucións a alcalde, concelleir@s do equipo de goberno, da oposición, voceir@s dos grupos políticos, asignacións a grupos políticos, persoal de libre designación.

Por Resolución de Alcaldía de 15 de xullo de 2015, recolle que catro concelleir@s do equipo de goberno, percibirán 23.000€ anuais, en 12 mensualidades, e outros catro 18.000€ anuais, en 12 mensualidades.

Na mesa Resolución contempla que os distintos voceir@s dos catro grupos da oposición percibirán, 675€/mes, e o resto de concelleir@s 432€/mes.

Explicítase que todas estas retribucións, efecturanse ao día seguinte da adopción do acordo plenario do 2 de xullo de 2015.

Dende o día da toma de posesión da actual corporación, ata a data de aprobación pola maioría da Corporación destes emolumentos, transcorreron 17 días, sen que os concelleir@s, percibiran ningún ingreso. Xunto a isto, un concelleiro do equipo de goberno, que toma posesión con data día de celebración do Pleno de Xullo, vai cobrar uns 23.000€/ano.

Segundo as contas do Bloque Nacionalista Galego, durante todos estos días ningún político eleito,  agás o alcalde-presidente do Concello de Redondela, vai recibir ingresos. Polo tanto, o Concello aforrouse uns 12.000€. Consideramos que se trata dunha cantidade importante, que debe ser reinvertida de inmediato.

Existen numersas inicitivas, nomeadamente de carácter social, onde esta partida, apoiaría de xeito decisivo o labor desenvolvido. Para o BNG, existen dúas entidades, que polo seu protagonismo, deberían recibir parte destos cartos.

En primeiro lugar, a Asociación de Atención ao Enfermo Mental, LENDA. Trátase dunha asociación, pioneira no tratamento das persoas afectadas de enfermidade mental, e das súas familias. LENDA, cumple vinte anos. Presta atención a uns 60 usuarios e usuarias. Converteuse, xa hai tempo nun dos emblemas de Redondela.

Pola súa banda a Asociación Andaina, leva difundindo a problemática de nenos e nenas afectados de calquera tipo de discapacidade física, sensorial ou intelectual. Nos últimos anos, a súa presenza social, tén medrado exponencialmente, á par que o conxunto da sociedade, mira con distintos ollos, a estas persoas e ás súas familias.

Á ATENCIÓN DO ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE REDONDELA

Por todo o arriba exposto, dende o Bloque Nacionalista Galego, solicita ao Pleno da Corporación a adopción dos seguintes, ACORDOS.

  1. Que o alcalde, Javier Bas, se dirixa ao servizo de intervención do Concello de Redondela, e concrete o volume de cartos correspondentes aos concelleiros e concelleiras, non remunerados.
  2. Que o alcalde, Javier Bas, asine un convenio coa Asociación de Atención ao Enfermo Mental, LENDA, para que o 60% da anterior partida, sexa reinvertida  nesta asociación.
  3. Que o alcalde, Javier Bas, asine un convenio coa Asociación Andaina, para que o 40% do primeiro dos cálculos, sexa reinvertido nesta asociación.

Redondela, 24 de xullo de 2015.

Xoán Carlos González Campo

 

 

 

Moción do BNG sobre retribucións non cobradas por concelleir@s e a súa reasignación.