O Partido Popular, tamén o de Redondela, saca adiante a Reforma da Lei do Aborto.

O Partido Popular, tamén o de Redondela, saca adiante a Reforma da Lei do Aborto.

Malia que o PP local, pretende desviar a atención da veciñanza, en que en Redondela unicamente deben importar os problemas locais, o certo é que o goberno de Javier Bas, amosouse novamente unido á estrutura de partido.

O BNG, levou a debate da Corporación mocións que defendían os dereitos reprodutivos das mulleres. Imos seguir presentando iniciativas que defendan e salvagarden os dereitos  colectivos e nacionais. Non facelo así, sería perder o contacto coa realidade que nos afecta.

Reproducimos a continuación, parte do Comunicado da Sociedade Galega de Contracepción.

A lei do aborto e dereitos das menores.

A sociedade Galega de Contracepción, quere manifestar o seu rexeitamento á reforma da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria de Embarazo, presentada polo Partido Popular, que impide que as mulleres de 16 e 17 anos pidan decidir libremente interromper a xestación sen coñecemento dos seus proxenitores. A nosa oposición fundaméntase nos seguintes puntos:

  1. 1.    A actual Lei, xa esixe que as mulleres de 16 e 17 anos, informen, polo menos, a un dos seus proxenitores.
  2. 2.    A grande maioría das mulleres entre 16 e 17 (87,62%) informa ós seus pais antes de interromper un embarazo.
  3. 3.    A modificación vulnera a Lei de Autonomía do Paciente, que establece a maioría de idade sanitaria en 16 anos. A esta idade unha muller ten dereito a decidir sobre a súa saúde. Aplícase unha dobre moral, posto que a esta idade unha muller se considera suficientemente madura para casarse ou ser nai, e sen embargo non o é para decidir libremente non ter fillos.
  4. 4.    A nova lei vulnera a resolución do Consello de Europa (1607/2008), que promove o dereito a acceder a un aborto legal e seguro. A reforma pon en risco de desamparo ás menores en situación de violencia familiar e maltrato, forzándoas a un embarazo e partos non desexados, ou realizar abortos clandestinos e inseguros, co conseguinte perigo para a súa saúde.

Coa nova lei, poderíase permitir que unha decisión tan importante como a de ser nai, poida depender dun pai maltratador. O apoio da familia é moi importante e desexable nunha situación tan difícil, pero desgraciadamente, hai casos nos que non se pode producir.

ImageBase-PlataformaAbortoSinatura

O Partido Popular, tamén o de Redondela, saca adiante a Reforma da Lei do Aborto.