O valor do voto BNG en Redondela.
Nun dos momentos máis complexos politicamente; cómpre unha respostas de unidade.
Á espera da valoración do Consello Local que dos resultados electorais en Redondela está por elaborar, das pasadas Autonómicas do 2012, cabe facer unha reflexión sobre determinados aspectos.
En primeiro lugar, que a grande derrotada nestas eleccións foi o conxunto da sociedade galega, posto que o recunque do Partido Popular vai traer maior empobrecemento, precariedade laboral e retroceso nos dereitos democráticos.
Neste momento, referirémonos á actitude do Partido Popular, auténtica máquina de arrapiñar votos. A presión de interventores/as, apoderad@s, as continuas chamadas, cando non o control directo do voto (os seus sobres eran os únicos que tiñan o mesmo código que os oficiais), convértense nunha presión abafante e continua. Mesmo chegaron a pasear á ex- Francisca Canal, para ver se arrincaban algún voto máis.
Téntase magnificar a súa vitoria, tamén en Redondela, cando vistos os resultados, é superada polos votos de PSOE-AGE-BNG. A nivel nacional somentes 10.000 votos por enriba que lle dan 3 deputad@s máis (xa no 2009 quedara 20.000 votos por debaixo de POSE-BNG). O obxectivo non é outro que agochar a situación de partido residual no País Vasco, e proximamente en Catalunya.
Doutra banda, e tal como reflexou o responsábel local, Xavier Balsas, en Radio Redondela, o retroceso electoral do BNG, vén en parte debido á escisión sufrida entre xaneiro e marzo deste ano, por unha dupla vía. Por unha banda o voto directo que se marchou a AGE, non tanto como o do Partido Socialista, e doutra o votante que diante da incertidume da escisión, preferiu quedar na casa.
O voto que recibiu o BNG en Redondela, pode considerarse, se cabe moito máis meritorio que na maior parte do País.Dende que o BNG, apoiou, pactou e gobernou, primeiro co PSOE, despois co PSOE-IU, houbo un movemento constante de desgaste a todos os niveis.
Empezouse por responsabilizar ao BNG das actuacións da outra pata do goberno. Minimizáronse os logros da nosa organización a nivel local (espectacular aumento do saneamento, políticas sociais, políticas a prol da muller, participación cidadá, normalización lingüística, por vez primeira houbo unha verdadeira política medioambiental).
A nivel nacional, no bipartito o BNG puxo os alicerces dunha verdadeira economía produtiva a prol do País. Cometéronse erros, máis os éxitos eclipsáronos sobradamente.
Cando se escoita en Radio Redondela, falar ao voceiro de AGE, de que a esquerda superou á dereita, considérase nela a ese mesmo PSOE tan cavernícola co que o BNG pactaba. Trátase dunha chiscadela a ese electorado dos socialistas que votou á Alternativa.
Segue sendo aínda máis meritorio o voto ao BNG en Redondela, posto que no seu momento instrumentalizouse o Voto Nulo, que somentes re-aparece en eleccións locais. , do que xa ninguén case se acorda, porque parte dos seus actores, xa teñen o seu protagonismo político.
Ten se cabe, máis mérito o voto ao BNG en Redondela, pois presentouse como a única forza nacionalista e de esquerda. Propoñer unha alternativa real de desenvolvemento para a Galiza constituíu o verdadeiro problema para Feijóo. Baixo o postulado de antes una España roja que una España rota, magnificouse a operación de IU.
Iníciase un período de reflexión para as bases do BNG. O que queda patente e que este País ten futuro, necesita do BNG e o BNG necesita do conxunto da sociedade galega, e imos continuar traballando a prol del.