O BNG denuncia a falla de financiamento das comunidades de augas.
O goberno municipal do PP, eliminou as axudas a estas entidades.
Na última xuntanza do CP. de Reboreda, a voceira municipal, Cecilia Pérez prantexou a problemática, que ten a ver coas comunidades de auga.
Chamou a atención, sobre a falla de financiamento dende o goberno municipal para os diferentes proxectos que estas entidades deben afrontar.
Co anterior goberno municipal, a concellaría de medio ambiente publicaba unha serie de axudas, que roldaban os 20.000 euros. Tratábase dun procedemento aberto e público. Co obxectivo de colaborar na xestión da auga, por parte das Comunidades de Auga, a concellaría aportaba unha cantidade anual, xa recollida nos propios orzamentos municipais.
Entidades xenuínas
As Comunidades de Auga, constitúen unha das entidades máis xenuínas do noso País. Historicamente, asumiron estas Comunidades un papel fundamental no subministro da auga dos veciños e veciñas, principalmente do rural. Afrontaron a busca de mananciais, a construción da rede, a súa xestión. Varias décadas despois, en Redondela, arredor de 30 comunidades de augas, de diversas dimensións, continúan con esta xestión, prestándolle servizo arredor da metade da poboación redondelá, principalmente das diferentes parroquias.
Todo tipo de inversións, implica en ocasións que os propios comuneiros, teñan que facer frente a cotas extraordinarias.
Dende o BNG reclamamos que o concello se preocupe por apoiar a estas Comunidades de Auga, que teñen que facer fronte a diversos gastos, reparación de avarías, busca de mananciais, renovación de conducións, xestión dos seus recursos, control do consumo e calidade das augas.
Nos últimos anos a maioría das Comunidades de Augas afrontaron unha renovación dos seus estatutos, e algunhas adaptáronse a normativa que obriga á instalación de clorímetros.
Canon da Auga.
Co Canon da Auga que se vai aplicar nos vindeiros meses, complicarase máis a xestión destas entidades, ademais de supoñer a suba de cotas anuais.
Para o BNG, o goberno do PP avandoa á súa sorte a estas entidades, posto que eliminación da convocatoria de axudas anuais, certifica que non lle interesa apostar por un procedemento público.