Sobre o estado dos viais municipais.
Na xuntanza do Consello Parroquial de Reboreda, celebrada o 15 de marzo solicitei que por parte do departamento correspondente se procedera á limpeza dos viais públicos que comunican esta parroquia co centro urbano, sen que ata o momento se levara a cabo, o que supón un agravamento da situación de abandono dos referidos viais.
Por poñer un exemplo, no vial que trancorre a carón do Pazo de Pousadouro, utilizado por moitas persoas ao longo do día, pódese comprobar como a maleza invade as beiras e a vexetación que sobresae dos muros é tan abondosa que se tropeza con ela. Isto supón un risco para os peóns que teñen que invadir a calzada dun vial polo que circula un número importante de vehículos a determinadas horas do día.
Por estes motivos, Cecilia Pérez Orge, concelleira do GM do BNG
SOLICITA:
- Que se proceda de inmediato á limpeza dos viais municipais e se solicite das outras administracións con competencias neste tema ( Deputación, Fomento, Xunta ) a inmediata limpeza dos viais correspondentes.
- Que se contacte cos propietarios/as das fincas que dan a viais públicos e se lle recorde a obriga que teñen de manter en perfecto estado os muros de peche e que procedan á limpeza dos mesmos.
REDONDELA 12 DE XUÑO DE 2012
ASDO: CECILIA PÉREZ ORGE