As augas de Arealonga
A pasada semana enterámonos, polos medios de comunicación, que a Axencia Europea de Medio Ambiente emitira un informe de valoración das zonas de baño de Galiza e que a Praia de Arealonga non superaba o exame.
Onte mesmo, o concelleiro de Medio Ambiente, tamén a través dos medios de comunicación, restaballe importancia a este informe e declaraba que a calidade das augas de Arealonga eraaceptable, indicando que o informe da UE era negativo debido a que se incrementara o nivel de exixencia. Debido a que descoñecemos os datos que levaron a Axencia Europea a emitir o seu informe ou os que ten o concelleiro de Medio Ambiente para calificar as augas deste areal como aceptables é polo que Cecilia Pérez Orge, concelleira do GM do BNG do concello de Redondela
SOLICITA
A convocatoria da Comisión Informativa de Medio Ambiente para que se dea información detallada sobre os datos que manexa o concello sobre a calidade das augas dos areais de Redondela