Apoio de Redondela, aos refuxiad@s sirios.

Apoio de Redondela, aos refuxiad@s sirios.

Xoán Carlos González, en nome do BNG, decidiu retirar a moción do BNG en aras ao consenso. Pola súa banda o PSOE, decidiu manter a que presentaron.

Ata tres mocións sobre a problemática dos refuxiados e refuxiadas, foron as presentadas na sesión plenaria da Corporación correspondente ao mes de setembro. Unha presentada polo Bloque Nacionalista Galego, outra polo PSOE, e outra consensuada polo PP, AER, BNG, Non Adscrit@s.

No inicio da súa intervención o concelleiro nacionalista, informou que retiraba a moción do seu grupo, en aras a acadar un consenso “na problemática que acucia a milleiros de persoas”. Malia todo, si que quixo no expositivo, deixar clara a postura do BNG.

“Para o BNG a crise dos refuxiad@s, débese a unha política intervencionista das potencias europeas, e dos EE.UU., co apoio de Israel, co fin de desestabilizar esta zoa de oriente próximo”.

“Aproveitando a vaga da Primavera Árabe, as potencias occidentais auspiciaron  conflitos armados naqueles países que se saían da súa órbita de influencia, como no caso de Siria”, afirmou Xoán Carlos González. Continuou asegurando, que as conciencias europeas bateron coa realidade, despois de veren o cadáver dun cativo de tres anos nunha praia de Grecia.

Na súa exposición o concelleiro do BNG, afirmou que se debían poñer todos os recursos, económicos e humanos, para garantir unha axeitada integración das familias que poidan chegar. “Tendo sempre en conta, que o verdadeiro desexo da poboación siria, é a de voltar ao seu país para vivir en Paz”, sentenciou.

Noutro momento da súa intervención, emprazou ao Partido Socialista, a que retirara a súa moción, para que saíra un único documento, consensuado. Finalmente, non puido ser así. Xoán Carlos González, anunciou que tamén ía apoiar a moción dos socialistas. “Somos moi críticos co corpo da moción do PSOE, porque non responsabiliza a ningunha potencia europea, nin EE.UU., nin organismos internacionais, desta grave situación. Malia todo, imos apoiar calquera iniciativa que permita mellorar a situación desta poboación”.

Tamén deixou claro o concelleiro do BNG, que o apoio do seu grupo na moción conxunta, pasaba porque se recollían dous acordos de relevancia, aportados dende a súa organización. “Pretendemos que o Concello de Redondela, cree unha partida orzamentaria para o acollemento destas familias, ademais de que se desenvolvan programas específicos para garantir unha boa integración desta poboación”, afirmou.

Teresa París, como voceira do equipo de goberno, no canto de apostar por afortalar a moción consensuada, pretendeu beneficiar ao Partido Popular.

Na réplica, Xoán Carlos González, recordou que “o alcalde de Redondela, sen teren antes falado cos grupos da oposición, saíu aos medios de comunicación afirmando que o noso Concello, ía a colaborar no acollemento de refuxiad@s, o que para nós tratouse dunha cuestión meramente publicitaria. Ao final comprobamos que a iniciativa, ía pola vía de que o Concello exercería de mediador entre aqueles veciñ@s que estivesen dispostos a colaborar, mesmo cedendo as súa vivendas, e os organismos que reubicaran ás familias. Por iso a importancia da nosa iniciativa para que se dote orzamentariamente unha partida con este fin”.

Nos resultados da votación as dúas mocións foron apoiadas por unanimidade.

11947624_867358806647083_2549967356697223200_n