O BNG continúa demandando ao estado a estación de cercanías para Chapela.

IMG_20240415_121203

“Os anuncios do subdelegado do goberno, deixan fóra a estación de Chapela”, lamentan dende a organización nacionalista.

 

O BNG continúa demandando ao estado a estación de cercanías para Chapela.
Presentou alegacións aos orzamentos do estado que suman dez millóns de euros.
Dende que no ano 2012 clausurouse a antiga estación de Renfe de Chapela o que permitíu construcción da Senda Verde, a parroquia xa non contou con máis paradas de tren. O desvío do movemento ferroviario pola liña que vai ata Guixar, “non beneficiou en ningún momento a esta parte do concello de Redondela”, salientan dende a organización nacionalista.
O voceiro nacionalista Xoán Carlos González recordou que Chapela foi duramente castigada ao eliminarse as bonificacións da tarxeta Vitrasa. Dende hai dez anos o tren xa non prestou servizo a esta parte do concello de Redondela. “Necesitamos recuperar unhas conexións cun medio de transporte barato, máis ecolóxico como o tren”, apuntou 
Anunciou o edil nacionalista a presentación dunha emenda aos orzamentos do estado para a rehabilitación da estación existente na baixada a Pescanova na liña Vigo-Guixar. “Non se pode consentir que Chapela vexa pasar todo tipo de trens, sen que ningún se deteña facilitando a mobilidade tanto hacia Vigo como Pontevedra”.
A recente visita do subdelegado do goberno, “sen compromisos para a estación de Chapela supón un barapau para centos de veciños e veciñas que a cotío se desprazan ata Vigo ou mesmo Pontevedra e queren facelo nun transporte barato, e medioambientalmente sostíbel” insiste o voceiro nacionalista.
Manteñen a reivindicación de que a estación sexa unha realidade no mínimo tempo posible.
O BNG continúa demandando ao estado a estación de cercanías para Chapela.